PORQUE AS NOSAS VIDAS VALEN MÁIS CÓS SEUS BENEFICIOS.
E tal e como podedes ollar na imaxe de abaixo, como na prensa, a cartelería ou a propaganda de Izquierda Anticapitalista ( Revolta Global en Catalunya, NPA: Novo Partido Anticapitalita en Francia, etc), a proclama de que A VIDA DA XENTE, DOS TRABALLADORES, DO POBO NON PODE SER SUBORDINADA AOS INTERESES DOS CAPITALISTAS E AOS SEUS DIVIDENDOS leva xa tempo lanzada aos catro ventos (de feito, en Francia, a antiga LCR, xérmolo do actual NPA, presentouna como eixo central da campaña das presidenciais de Besancenot)
Por iso non deixa de causar auténtico asombro que, de súpeto, a nova consigna do BNG (vid. xornais de hoxe) sexa: "A XENTE ANTES QUE OS BENEFICIOS"
E case que un plaxio... e por se fora pouco, en letras máis pequenas, pero igualmente salientables, remata con :"Menos favores aos bancos e máis apoio á xente traballadora".
Como entendemos que a loita pola defensa dos dereitos dos traballadores (DE TODOS OS TRABALLADORES, SEXAN GALEGOS, ESPAÑOIS. PORTUGUESES OU ARXENTINOS...) é un terreo común onde debemos confluír todos os que dende a esquerda batallamos pola unidade de clase e a loita contra o auténtico culpable da crise, O CAPITALISMO, damos os parabéns e a benvida a este xiro do BNG, que pon o acento en algo máis que a deletérea e ambigua "Forza que move este País".
Non obstante, as bases militantes do Bloque deberían esixirlle máis concreción a esta nova idea dos estrategas nazonalistas...
Están dispostos a pedir a nacionalización do sistema financeiro para constituír unha auténtica banca pública ao servizo dos desposuídos?
Máis doado aínda: Están dispostos a loitar porque non haxa ningún dividendo a repartir entre a patronal bancaria mentres haxa parados e familias que non cobran o desemprego?
Aínda máis fácil: Están dipostos a propor que a patronal que recibira subvencións ou axudas de calquera tipo polo Estado, CC.AA ou Concellos non poida pechar nin despedir nin facer EREs sen devolver atá o último euro e cos correspondentes xuros e sancións?
E por último, tamén sinxelo: Estarían dispostos a combatir nunha fronte común de clase para prohibir os despedimentos?
PORQUE UNHA COUSA SON AS CONSIGNAS PARA ACADAR O VOTO DUN POBO DECEPCIONADO POLO BIPARTITO QUE NESTES CATRO ANOS SERVIU SUBMISAMENTE AOS INTERESES DO CAPITAL (GALEGO, ESPAÑOL E MULTINACIONAL) E OUTRA MOI DIFERENTE CONCRETALAS NUN PROGRAMA E NUNHA LÓXICA QUE ENFRONTE SEN MEDO OS DESAFÍOS DE POÑER POR DIANTE ISO DE QUE:
AS NOSAS VIDAS (A XENTE) VALEN MÁIS CÓS SEUS BENEFICIOS (ANTES QUE OS BENEFICIOS)


