skip to main |
skip to sidebar
Fronte ao masivo rexeitamento do "Plan Bolonia" polo estudiantado do Estado Español, o goberno ZP, fidel coma sempre aos intereses dos amos do capital (escoitade a súa verborrea e comparade cos inxentes beneficios bancarios...), contrataca cunha nova política de "comunicación" e unhas migallas de becas.
Pero o problema non é de comunicación nin de esmolas para os estudiantes "con menos recursos".
O problema vén determinado polo obxectivo que encerra Bolonia: SUBORDINAR A UNIVERSIDADE AOS INTERESES DO MERCADO, ou dito doutra maneira e con palabras de Isidoro Moreno ("El País"-Andalucia, 08-04-2008): OS PLANS DE ESTUDIO DESÉÑANNOS AS UNIVERSIDADES, PERO ISTO DEBE FACERSE ATENDENDO ÁS PETICIÓNS DO SECTOR EMPRESARIAL".
Porque o quid da cuestión non é unha reforma burocrática para a creación dun Espacio Europeo de Ensino Superor, nin a adopción dun sistema comparable de títulos para "favorecer a empleabilidade dos cidadáns europeos", nin unha mecánica baseada en ciclos e cunha estrucutra unificada de créditos... nada que obxectar ante todo iso. Mais por baixo da letra gorda, hai outra...
"Unha nova concepción da formación académica": unha necesidade que en modo ningún estaba contida nos acordos de Bolonia.
"As titulacións deben deseñarse en función dos perfís profesionais", e estes serán determinados polo mercado, ou sexa, polas grandes corporacións multinacionais, todo elo coa finalidade de "incrementar a empleabilidade dos titulados", como se di no real decreto 1393/2007.
E mediante a división de categorías, niveis e títulos, crearase unha man de obra tipo FP3, as do primeiro ciclo,que responde a nova dualización do mercado de traballo, onde o grao máis corto reflictrará un tipo de profesional con coñecementos moi xerais, sobor de todo instrumentais e con habilidade e actitudes que encaixen na flexibilización, polivalencia e competitividade dos empregos. NON INTERESAN PROFESIONAIS CON CAPACIDADE CRÍTICA, SENÓN QUE SE ADAPTEN AXEITADAMENTE AOS REQUIRIMENTOS EMPRESARIAIS. Non se precisa, en contra do que adoita afirmarse polos propagandistas do capital, un bo nivel de cualificación, senón uns coñecementos mínimos e o máis polivalentes posibles, á par dun pensamento domesticado. De aí os problemas que teñen para a súa conversión en graos as actuais licenciaturas de baixa aplicabilidade directa: Historia da Arte, algunhas Filoloxías, Antropoloxía...
Por outra banda, tamén haberá profesionais de alta cualificación, os que demande o mercado en proporcións cada vez menores: para eles estarán os máster, pero non todos serán iguais. Cómpre entender a clave da cuestión: trátase de saber cales serán os patrocinados y subvencionados polas grandes empresas, os cales só se darán en certas universidades de elite e para cuxo contido será determinante o poder e a opinión das institucións patrocinadoras (os BBVA, B. Santander, Repsol...)
Son as servidumes do mercado. Vexámolo nas palabras de Montserrat Casas, reitora da Universidade das Illas Baleares: "La universidad lo que tiene que hacer es dar la estructura mental adecuada para que la persona se pueda adaptar a diferentes tipos de trabajo que le pueda ofrecer la sociedad... No tiene sentido mantener la enseñanza de una materia cuando la sociedad necesita otro ámbito" Evidentemente, cando falan de "sociedade", queren dicir "mercado". É tal a "FE" que teñen no modelo capitalista de sociedade que xa non conciben outra posible...
Neste tempo de paro e precariedade é doado que nos impoñan tales criterios. Mais debemos ser conscientes que nin o paro, nin a precariedade, nin a crise do capitalismo se resolverá con tales chantaxes. Agora, como antes, a sacralización do dogma da competitividade, da productividade, da eficiencia... definidos todos eles en termos de rendibilidade económica para os capitalistas só traerá máis subordinación, máis medo, máis poder para os novos inquisidores...
PORQUE NA UNIVERSIDADE TAMÉN ESTASE A XOGAR A ALTERNATIVA DA SOCIEDADE QUE QUEREMOS:
A SÚA, A DOS CAPITALISTAS E OS SEUS GOBERNOS: O DIÑEIRO VALE MÁIS CÁS NOSAS VIDAS.
E A DA ESQUERDA ANTICAPITALISTA: AS NOSAS VIDAS VALEN MAÍS CÓS SEUS BENEFICIOS.
"TERTIUM NON DATUR"...
6.000 parados máis cada día...
Máis de 800.000 familias con todos os seus membros e "membras" sen traballo...
3.300.000 persoas en paro...
E mentres, os bancos seguen a recibir millóns e millóns de euros que desaparecen nun pozo sen fondo de chanchullos, amaños e corrupción.
E para as multinacionais, e os especuladores, e os chiringuitos de todo tipo e, e, e...
O medo a unha "revolta social" medra entre os amos do poder e do diñeiro.
A socialdemocracia emprégase a fondo para tapar uns buracos que ao día seguinte rachan pola propia podremia estrutural.
Os sindicatos, canciños fieis do sistema, asinan un tras outro "acordos sociais para o emprego" que resultan un auténtico fiasco.
E os medios, eses inocuos "mass media", contándonos unha e outra vez esa fábula na que pretenden que vivamos: Alicia no país das marabillas...
No seu interés por botar balóns fóra, claman contra a crise mundial, falan da globalización do problema, buscan culpables (ao estilo de Obama) nunhas concretas persoas "malas, malísimas" que non respectaron as regras do xogo( cales, se até hai ben pouco eran os paradigmas do "mercado"?) e prometen volver ao capitalismo puritano das súas orixes...
Mais esquecen que no seu afán de "sálvese quen poida", están a poñer o dedo na chaga:
O PROBLEMA É O PROPIO SISTEMA, O CAPITALISMO.
Un capitalismo que xa non é nacional, un capitalismo que non se pode entender se non é a un nivel internacional, un capitalismo que acumula nun 1% da poboación o 40% da riqueza mundial e en contrapartida, fai que un 40% dos habitantes do planeta a penas cheguen ao 1% do produto bruto mundial.
Un capitalismo que crea guerras por doquier, guerras como esas de Africa Central onde as grandes potencias imperialistas dispútanse materias primas esenciais para seguir fabricando teléfonos móbiles, consolas para videoxogos, aparellos de consumo sen taxa que van manchados co sangue de máis de catro millóns de mortos...
Un capitalismo que está detrás dun estado terrorista como o de Israel, froito dunha estratexia de imposición dun "status quo" para o dominio das fontes enerxéticas desta zona vital na reproducción do sistema.
Un capitalismo que muda agora para as receitas keinesianas que até hai ben pouco eran desbotadas por inflacionistas, pero que está a deixar unha herdanza de deficit, estragos ecolóxicos e super-explotación laboral que serán unha pesada carga para os nosos filllos e os fillos dos nosos fillos...
PERO HAI UNHA ALTENATIVA, DENDE A ESQUERDA CONSECUENTE, DENDE O INTERNACIONALISMO DOS TRABALLADORES E OPRIMIDOS, DENDE O ANTICAPITALISMO.
UNHA ALTERNATIVA QUE VAI AGROMANDO POR TODA EUROPA E NOUTROS LUGARES DO MUNDO.
UNHA ALTERNATIVA COMO ESQUERDA ANTICAPITALISTA EN ESPAÑA, NOVO PARTIDO ANTICAPITALISTA ( O DE BESANCENOT) EN FRANCIA, BLOCO DE ESQUERDA EN PORTUGAL, SINISTRA CRÍTICA EN ITALIA... E SEN ESQUECER AOS ZAPATISTAS, CHAVES, EVO MORALES, ETC. ETC. (POR MOITAS DIFERENCIAS QUE SE TEÑAN CON ELES, OS PROCESOS DE VENEZUELA, BOLIVIA, ETC. DEBERÍAN SER APOIADOS POR TODOS OS QUE LOITAN POLA LIBERACIÓN DOS POBOS...
BASTA XA DE REVOLUCIONARIOS DE SALÓN!)
PORQUE AS NOSAS VIDAS VALEN MÁIS CÓS SEUS BENEFICIOS!
Mentres o XENOCIDIO do pobo palestino continua coa complicidade ou co aberto apoio das potencias occidentais (eufemismo para non dicir IMPERIALISMO), a campaña de desinformación masiva complementa co lavado ideolóxico a masacre cotiá.
Talvez pague por iso a pena axudar cada un cos seus propios e limitados medios a neutralizar tanta mentira e infundio espallado dende os mass media oficiais.
Era Palestina un territorio baleiro e sen habitantes?
NON, E CANDO SE AUTOPROCLAMOU O ESTADO DE ISRAEL FORON DESTRUÍDAS 531 ALDEAS E VILAS, ASASINADOS MILLEIROS DE PALESTINOS, EXPULSADOS UN MILLÓN DE POBOADORES, E HOXE SON 7 MILLÓNS DE REFUXIADOS, DOS CALES 5 VIVEN EN CAMPOS DE ASILADOS E UN MILLÓN DENTRO DO ESTADO SIONISTA COMA PARIAS NA SÚA PROPIA TERRA.
É a guerra unha consecuencia da actividade de Hamás?
NON, POIS MOITO ANTES DE QUE EXISTIRA HAMÁS, XA HOUBERA AUTÉNTICAS MATANZAS DE PALESTINOS, CON FITOS TAN CRUENTOS COMO OS DE SABRA E CHATILA, ONDE FORON ASASINADOS 3000 PALESTINOS INDEFENSOS, OU KHAN YUNIS, ONDE 140 REFIXIADOS E 135 HABITANTES LOCAIS DESARMADOS FORON MASACRADOS EN 1953, OU KAFR QASIM, OU...
Gañou Hamás as elecións en Gaza democraticamente?
SI, CO 65% DOS VOTOS, ELECIÓNS QUE FORON AUSPICIADAS E CONTROLADAS POR OCCIDENTE.
Que fixo Israel dende entón?
CONVERTER GAZA NUN GUETO, CERCANDO AOS SEUS HABITANTES, TENTANDO RENDILOS POLA FAME E A DESESPERACIÓN, PRIVANDOOS DE AUGA, LUZ, PAN, TRABALLO E LIBERDADE. NUNCA DEBERIAMOS PERDER DE VISTA QUE A TAXA DE POBREZA ACADABA XA O 81% NO 2008.
Cantos palestinos viven nos guetos de Gaza e Cisxordania?
MÁIS DE TRES MILLÓNS.
Quen construíu un muro de exclusión e de apartheid ao máis puro estilo dos racistas sudafricanos?
ISRAEL, DE TAL XEITO QUE NINGUÉN PODE ENTRAR OU SAÍR DE ALÍ SEN PERMISO DO CARCEREIRO E ONDE SE PRACTICAN CASTIGOS COLECTIVOS CONTRA A INDEFENSA POBOACIÓN NEGANDO CALQUERA LEI HUMANITARIA.
Acatan os sionistas o Dereito Internacional, a Convención de Xenebra e as resolución da ONU desfavorabéis para eles?
NON, E DE FEITO CONVERTÉRONSE NOS MAIORES XENOCIDAS DO SÉCULO XXI.
Que fan ZP, o goberno español e os mandatarios da UE ante esta sitaución?
CALAN E EQUIPARAN VERGOÑENTAMENTE AO VERDUGO COAS SÚAS VÍTIMAS, CONVERTÉNDOSE ASÍ EN CÓMPLICES DO CRIME QUE SE ESTÁ A PERPETRAR CONTRA PALESTINA.
Cal é a consigna do momento no Estado Español para todos os que buscamos parar esta barbarie?
RUPTURA DE RELACIÓNS DIPLOMÁTICAS E COMERCIAIS CON ISRAEL!
EN GALIZA OU EN MADRID, SOLIDARIEDADE ACTIVA CO POBO PALESTINO!
HAI VECES EN QUE É MELLOR SINXELAMENTE REPRODUCIR UN COMUNICADO SOBRE O QUE ESTÁ A OCORRER EN PALESTINA. VELAÍ VAI O DE "ESQUERDA ANTICAPITALISTA", TRADUCIDO AO GALEGO, POR SUPOSTO:
Dende que Hamas gañara as eleccións no territorio da franxa de Gaza, o estado de Israel submeteu a esta rexión a un asedio e a un bloqueo encarnizado que xa dura case tres anos, combinado cun embargo financeiro por parte dos EEUU, UE, Xapón e Canadá. Esta situación puxo ao millón e medio de habitantes de Gaza a piques da fame, a taxa de pobreza pasou do 29% no 2004 até o 81% no 2008. Durante este tempo o goberno de Israel pretendeu minguar as bases sociais do apoio de Hamas a custa do sufrimento e a morte de milleiros de palestin@s, un obxectivo que non só non se cumpríu senón que pola contra propiciou un meirande apoio social a Hamas. O pasado xuño chegouse a unha fráxil tregua na que Hamas comprometíase ao cesamento de hostilidades, ao final do contrabando de armas dende Exipto a Gaza e ao compromiso de negociar a liberación do soldado Gilad Shalit, capturado no verán do 2006. Mentres que Israel comprometíase unicamente á apertura parcial das fronteiras de Gaza para permitir a entrada de axuda humanitaria, de cuxa subministración depende polo menos o 70% dos habitantes de Gaza.
Ao longo dos case seis meses que durou a tregua, asistimos a unha guerra de baixa intensidade na que o goberno de Israel continuou coa súa chantaxe inhumana, curtando e imposibilitando o avituallamento dos servizos básicos de alimentos e mediciñas causando innumerables mortos entre a poboación civil. O pasado sábado día 27 de decembro Israel iniciaba unha terríbel ofensiva aérea contra Gaza que levou á morte dunhas 460 persoas e que provocou máis de 2400 feridos, a meirande parte dos cales atópanse en estado moi crítico, un ataque inhumano que se suma ao drama de non ter nin sequera as mediciñas e o material médico preciso para seren atendidos, e a negativa de deixar entrar en Gaza aos servizos da Cruz Vermella Internacional. Este pasado sábado 3 de xaneiro o exército israelí deu unha nova "volta de tuerca" na súa ofensiva militar comezando unha ofensiva terrestre, que consonte coas palabras do primeiro ministro Olmert se formula como longa e duradeira.
A virulencia e as atrocidades deste ataque militar amosan unha vez máis a vontade do goberno de Israel de esnaquizar ao pobo palestino e a vulneración sitemática dos dereitos humanos máis elementais. Unha estratexia militar que responde ás necesidades do xogo político interno de Israel ante a inminencia dunhas eleccións lexislativas, onde a coalición no poder non dubida en masacrar á poboación civil palestina a prol dos seus intereses partidistas, os votos e as institucións israelís vólvense, unha vez máis , a tinguir do color do sangue Palestino.
Ante estes ataques, a pasividade dos gobernos occidentais é inaceptable e salienta a súa complicidade coa polítca israelí. Mentres que as cancelerías europeas tentan repartir a responsabilidade da masacre a partes iguais entre o goberno israelí e Hamas, validando a argumentaciòn falaz de que o ataque responde ao lanzamento de cohetes por parte dos integrantes de Hamas. Tamén, o futuro presidente dos EEUU, Barack Obama, foxe da responsabilidade de pronunciarse até a toma de posesiòn do seu cargo, desbotando as esperanzas que poderían quedarlles a algúns sobre a súa futura xestión. Por último a ONU segue sendo incapaz de tomar ningunha medida para facer cumprir a legalidade internacional, atenazada polos xogos de poder do seu consello de seguridade. A única verdade imperante é que a ocupación sionista xa se prolonga por máis de 50 anos, durante os cales, o pobo que puxo os mortos, a destrución das súas vivendas e obras de infraestructuras, e o constante acoso e represión foi palestino.
Os cohetes de fabricación artesanal, que de ningunha maneira teñen comparación co despregue atroz do exército sionista, un dos máis poderosos do mundo, o mesmo que as manifestacións nas rúas e até os enfrontamentos da mocidade incluso nenos palestinos utilizando pedras para enfrontar aos tanques israelís, son a ferramenta da digna resistencia do pobo palestino contra o despoxo do seu territorio a mans do sionismo. Fronte ás atrocidades cometidas en terra Palestina, os gobernos do mundo permanecen en silenzo, testemuñando de maneira cómplice o xenocidio.
Dende Esquerda Anticapitalista manifestamos, unha vez máis, a nosa solidariedade coa loita do pobo palestino e coas organizacións pacifistas israelís que tamén a apoian. Consideramos moi importante organizar unha resposta rápida e unitaria no conxunto do Estado Español que esixa á fin da ofensiva israelí e o recoñecemento dos dereitos nacionais do pobo palestino. A tal fin cómpre levantar un amplo movemento social que non só dirixa as súas peticións e condenas contra o goberno de Israel, senón que esixa medidas concretas e contundentes ao goberno do PSOE, que mentres se consuma o xenocidio de Gaza a vicepresidenta do goberno, María Teresa de la Vega, segue de xira pola India explicando a súa proposta de alianza de civilizacións. Unha alianza que non parece ter respostas ante a masacre do pobo Palestino.
Igual que fai anos levantamos un forte movemento anti-guerra contra a invasión de Irak e a postura de apoio do goberno do PP, o momento político reclama que volvamos reeditar unha revolta social similar en contra das posturas témeras do goberno do PSOE coa masacre do pobo palestino. Xa que logo, debemos demandar:
-Unha condena clara e sen paliativos do xenocidio do pobo palestino por parte do executivo español e do Parlamento Europeo.
-A reformulación das relacións diplomáticas con Israel, chamando ao noso embaixador a consulta.
-A suspensión dos diferentes convenios bilaterais do Estado español con Israel e a revogación do acordo de asociación que a UE mantén con Israel.
-A prohibición de venda de armas a Israel por parte das empresas españolas.
-Retomar a resolución do parlamento europeo de data 10/04/2002 que pedía ao Consello Europeo a declaración dun embargo comercial e de armas a Israel (suspensión do acordo de Asociación Euromed).
-A posta en marcha dun boicot internacional, mediante a retirada de investimentos, conxelación de tratados económicos, de investigación, desenvolvemento, comunicacións, institucionais, deportivos, académicos e culturais, até que Israel acate o dereito internacional e os principios universais dos dereitos humanos. En consonancia co que no seu dìa a comunidade internacional adoptou contra o goberno de Sudáfrica polas súas políticas de segregación racial.
-A retirada inmediata das tropas españolas do Líbano, que fundamentalmente mantéñense no territorio como garantes dos intereses de Israel na zona.
-Promover a expulsión do Partido Laborista Israelí da Internacional Socialista.
É UN COMUNICADO LONGO E DENSO, PERO PAGA A PENA LELO.
PORQUE A LOITA DO POBO PALESTINO É TAMÉN A NOSA.
"NINGUÉN PODE CONDENAR QUE UNHA POBOACIÓN SE REVOLVA, LOGO DE VIVIR 45 ANOS BAIXO A OCUPACIÓN MILITAR" (1993, xeneral Shlomo Gazit, ex-xefe da intelixencia militar de Israel)
Non é cousa de salientar unha vez máis o horror perante a masacre a que está sendo submetido o pobo palestino: as imaxes dos mass media son ben ilustrativas. Para nós, a esquerda anticapitalista, trátase de comprender e tentar explicar o porqué, isto é, as razóns de fondo do apoio incondicional dos gobernos USA, da Unión Europea e dos paises satélites a un terrorismo de Estado incriblemente inhumano.
Porque os feitos cantan: Israel é hoxe un Estado fortemente armado polas potencias occidentais, primeiramente polos USA, mais tamén polas democracias europeas, coa tecnoxlóxia militar máis moderna e as "armas de destrucción masiva" (nucleares incluídas) máis sofisticadas.
Mentres, en fronte, nesa desigual equiparación na que tanto gustan regodearse os gobenos imperialistas, temos a un pobo aillado en guetos, que vive pouco máis que das esmolas que lle entrega Europa e as ONGs. Querer comparar a Hamas coa superpotencia armamentístca de Israel semella unha burla cruel e unha ofensa para a razón...
Pero, por que se apoia dende "Occidente" a Israel e se xustifica ou se cala a boca ante a masacre cotiá do pobo palestino?
En primeiro lugar, porque Israel representa o can gardián dos seus intereses nunha zona estratéxica:lembremos o petróleo, por exemplo.
En segundo lugar, porque Israel exerce de facto como policía político-militar contra os movementos independentistas, islamistas ou radicais que agroman por dóquier en todo o mundo árabe/musulmán.
En terceriro lugar, porque constitúe a garantía da permanencia no poder de todas esas dictaduras semi-feudais que imperan en tantos países da zona.
En cuarto lugar, porque existe unha implícita (e ás veces explícita) alianza entre os gobernos corruptos como o exipcio de Mubarak, ou os moi fideis "musulmáns" turcos da OTAN cos amos americanos.
En quinto lugar, porque todos eles saben que un triunfo da loita do pobo palestino representaría unha auténtica revolución na zona, onde o espallamento das loitas democráticas e antiimperialistas acadaría unha dinámica e unha profundidade que desestabilizaría todo o sistema capitalista mundial. Xa que logo, hai que espantar ao pantasma do socialismo como sexa e dende o principio...
Velaí o verdadeiro "quid" :
A NECESIDADE DE UNIR AS LOITAS DOS TRABALLADORES E DAS CLASES OPRIMIDAS DAS DEMOCRACIAS OCCIDENTAIS (CONTRA O PARO, A PRECARIEDADE, ETC.) COS COMBATES DOS POBOS DO TERCEIRO MUNDO, E MOI SALIENTABLEMENTE NESTE CASO, DOS PALESTINOS E DOS "ARABES" ASOBALLADOS POLAS SÚAS PROPIAS ARISTOCRACIAS CORROMPIDAS.
PORQUE HOXE, MÁIS CA NUNCA, A LOITA POLA DEMOCRACIA É TAMEN A LOITA CONTRA O SIONISMO (NON CONFUNDIR CON ANTISEMITISMO), POR UN ESTADO NON TEOCRÁTICO, CON IGUALDADE DE DEREITOS DE XUDEOS E PALESTINOS... E POR UN OUTRO MUNDO E UN OUTRO SISTEMA QUE, OU SERÁ SOCIALISTA OU NON SERÁ... ESTA É A IMPORTANCIA DO INTERNACIONALISMO.
PORQUE AS NOSAS VIDAS VALEN MÁIS COS SEUS BENEFICIOS.