
Cando unha exemplar loita coma esta remata nun fracaso tan magoento, a esquerda anticapitalista debe tentar tirar conclusións, tanto a nivel organizativo como de combate.
Vexámolas:
1º) Dende o principio os sindicatos tiveron toda a iniciativa e sempre controlaron a dinámica das mobilización, tanto nos tempos como na intensidade. En consecuencia, o conxunto dos traballadores nunca tivo directamente a chave das decisións da folga.
2º) As burocracias sindicais, vencelladas moi directamente a partidos e intereses políticos definidos, fixeron todo o posible para que as asembleas dos traballadores foran meras ouvintes das súas propostas, sen darlle o poder de decisión directa e democrática. En consecuencia, non se formaron órganos unitarios saídos da propia asemblea, tipo comités de folga ou semellantes, onde estiveran representadas e controladas as organizacións sindicais.
3º) Estando xa que logo o poder de decisión nas mans da burocracia sindical, foille moi doado rachar a "unidade sindical", pois a mesma estaba baseada en acordos dende e por as cúpulas, sen outra responsabilidade que cumplir o formalismo das xuntanzas internas cos propios liberados e delegados sindicais. Así pois a UGT non tivo máis que botar man deste mecanismo substitutivo da democracia obreira para rachar a folga.
4º) Atados como estaban todos os líderes sindicais (mesmo os máis combativos) por esa perversa lóxica do substituísmo do colectivo, da clase, das asembleas xerais por unha fracción ou parte, segundo o sindicato que fora, caeron na trampa das xuntanzas burocraticas alleadas das asembleas.
5º) Ante tal panorama e unha vez decidida polos mandamáis sindicais a volta ao traballo sen ter acadado ningún dos obxectivos propostos, a desmoralización, o cabreo e o noxo dos traballadores estoura (así pódense ver declaracións en xornais de Vigo de traballadores criticando abertamente o que fixeron con eles) á vez que os medios de comunicación cargan con toda a súa furia contra eses "vándalos" que se atreveron a desafiar a orde establecida.
6º) Neste contexto de retirada e derrota anúncianse medidas represivas masivas contra ducias de traballadores que loitaron polo pan, por un salario xusto e por un convenio digno. O goberno toma entón a iniciativa e avisa das multas e procesos penais que caerán contra "os que se pasaron da raia" (raia marcada pola patronal e os seus axentes gobernamentais) Mentres, no medio dunha verborrea baleira, algúns dos burócratas sindicais claman e pregan ante o goberno para que non "provoque". O círculo vicicioso péchase así coa utilización das súas leis punitivas por parte dos amos do diñeiro e do poder.
Chegados a este punto, os que aínda cren neses burócratas sindicais, contestan: e que podiamos facer?
Pois a resposta é ben evidente: ESPALLAR AS LOITAS, COMPROMETER A MÁIS SECTORES SOCIAIS E OBREIROS, ACADAR A SOLIDARIEDADE ACTIVA DOS DEMAIS TRABALLADORES POIS MOITAS REIVINDICACIÓNS ERAN E SON COMÚNS... E TODO ISTO NUNHA DINÁMICA QUE DEBERÍA LEVAR Á FOLGA XERAL TANTO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA COMO EN TODA GALIZA.
E tamén, por que non, chamar ao apoio e solidariedade do resto da clase traballadora do Estado Español e Portugués...
Porque se como recoñecen os mandamáis dos sindicatos esta era unha aposta que ía alén da propia patronal do metal pontevedrés, se afirman que é todo un pulso para defenestrar a un dos sectores máis combativos e loitadores e que se trataba de impoñer unha determinada política antisocial por esa patronal cerril e prepotente, entón, por que non chamaron a extensión das loitas posto que era un conflito que sobrepasaba o estreito marco do metal pontevedrés?
Así pois, dúas grandes leccións tíranse desta folga:
a) a nivel organizativo: que deberán ser as asembleas e os órganos democráticos que dela saían (comités de folga ou semellantes) quen en adiante decidan.
TODO O PODER DE DECISIÓN PARA A ASEMBLEA XERAL.!
b) evitar o aillamento das loitas, espallalas, implicar a outros sectores, acadar a solidariedade activa de toda a clase obreira até chegar á folga xeral se a patronal e o seu goberno non ceden.
POLA FOLGA XERAL!
Aínda estamos a tempo se se poñen os medios e se toman as medidas oportunas.
PORQUE NON PODEMOS PERMITIR QUE OS SEUS BENEFICIOS VALLAN MÁIS CÁS NOSAS VIDAS.
5 comentarios:
GOSTO DESTA ANÁLISE, MAIS NON ESCOITAN.
Unha vergoña é o que lle fixeron os sindicatos aos trabalaldores. Utilizáronnos e logo os deixaron tirados como un kleenex
Non hai por donde collervos aos da esquerda trasnochada
Non entendo por que este señor anónimo fala da esquerda trasnochada. A mosca esquerdosa dinos que os traballadores teñen que recuperar os seus dereitos, que eles deben ter poder de decisión...¿ é iso estar trasnochado???
que ten de trasnochado reividincar que a xente ten que ser dona do seu destino...¿¿?¿ é iso trasnochado?
Publicar un comentario en la entrada