
Felicitamos aos compañeiros dos partidos irmáns do Bloco de Esquerda portugués ou do NPA francés que acadan representación no Parlamento Europeo. O seu exemplo, o seu traballo, a súa dignidade na defensa dun programa e dunha praxe anticapitalista demostra que SI É POSÍBEL ser á vez un partido de combate, democrático e con vocación de desputar á maioría á esquerda institucional submetida ao sistema.
E que dicir dos resultados globais?
Empezando polos máis achegados, os compañeiros do BNG, segue a caída libre do seu apoio electoral (menos do 10% xa). Toda a montaxe do seu congreso non valeu para que a xente percibira ese viraxe á esquerda que dicían. Pola contra, os ultimos sucesos, como as declaracións do seu lider vigués sobre os traballadores en loita do metal ("vándalos"...) , a súa campaña descafeinada, as súas alianzas inexplicables e os seu constante chamamento a un frontismo coa burguesía autóctona lévaos á perda acelerada da súa base social, que non o esquezamos, é unha base de esquerda, combativa, reivindicativa. A disonancia entre a súa direción e os sectores sociais que o apoian medra de cotío.
En canto ao PSOE, o seu social-liberalismo estálle a pasar factura. Xa o fixo en Galicia (onde, por certo, continúa "in crecendo" a perda de votos), e agora tócalle no resto de España. A xente xa comprobou que detrá do sorriso de ZP e das poses de esquerdismo, non hai nada, só iso, fachada.
A dereita sae triunfadora porque non atopa rival nunha esquerda medorenta e desnortada. Así, non é de estrañar que a xente prefira as políticas orixinais do neoliberalismo a esas malas fotocopias da socialdemocracia europea.
É a hora doutra esquerda, dunha esquerda comprometida cos de "abaixo", cos traballadores, cos parados, cos xoves que sufren contratos lixo, coas mulleres, coa terra e o planeta, e co país, pero cun país chamado Galiza que non debe ser identificado cos poderosos do mesmo, coa súa burguesía explotadora e represora (aí están os exemplos do metal), cos Caramelo, cos Feijoo, cos amos do sistema.
O camiño será longo e cheo de dificultades. Pero ao igual que fixeron os nosos compañeiros portugueses ou franceses, percorrerémolo, porque hoxe máis ca nunca... AS NOSAS VIDAS VALEN MÁIS CÓS SEUS BENEFICIOS.
6 comentarios:
Unha gran victoria para o Bloco de Esquerda!
A ver se aprenden os do outro Bloque.
Non hai que dar ao Bloque por morto nin moito menos.
Bravo pola CIG!
Son os únicos decentes que se atreveron a sacar un comunicado denunciando a manipulación da prensa contra os obreiros do metal.
Vergoña para as burocracias sindicais de CCOO e UGT.
Sinto decir isto, pero o Bloque non levantará cabeza ata que non abandóe as parvadas "esquerdistas".
O Bloque de entrada debería de anunciarse como un partido de "centro", máis ben tirando a dereita clásica tan do gusto do galego medio.
E máis que nada debería de quitar a estrela vermella da súa bandeira e quitarse do medio a toda a catibería sen experiencia que leva enredada nas pernas.
E nisto, coma case sempre pasa, terei eu razón.
Síntoo, pero moi poucos están comprendendo o que está pasando no mundo agora, có triunfo dos partidos maoístas en países montañosos como Perú, a caída dos EEUU, a medievalización de países como México ou o resultado das eleccións en Europa.
Se de verdade queredes un futuro para o nacionalismo galego empezade pegándolle un tiro na testa (figurado) os vosos ídolos e repensade todo de novo.
Fronte a camapaña de intoxicación mediática, unha vez máis:
SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES DO METAL!
O BNG rexurdirá. Xa o fixo antes e volverá facelo. Entanto haxa un galego de ben, haberá un potencial militante do Bloque Nacionalista Gelego.
Publicar un comentario en la entrada