miércoles 13 de mayo de 2009

O PROFETA DESNORTADO

Rematou a asemblea do BNG. É hora de facer balanzo e de comprobar o que cada quen dixo e prognosticou.

É hora de comprobar como o "esquerdismo" beirista quedou no que dende un principio dixemos: nunha mera pose, nun aceno baleiro, nunha trampa para siareiros e fideis do vello profesor.

Penoso o seu intento final mendigándolle á "denostada UPG" algúns postos na executiva, só abortado pola intransixente postura dos quintanistas.

Magoenta a burla aos socios camilistas que, logo de integralos nas "listas abertas", foron ninguneados de xeito infame.

Arrubiante o abandono de todo o discurso que mantivera até o momento decisivo e que servira para atraer votos e delegados para a súa corrente.

E así, unha longa xeira de tristes inconsecuencias e vergoñentos comportamentos.


Mais, quen pode estrañarse?

Dixémolo unha e outra vez: cando a liña política á penas se diferenza en cuestións formais e mal plantexadas (que se asemblearismo si ou non, que se delegados "usurpadores" da vontade militante, que se UPG e quintanistas deturpadores, que se país interclasista, que se frontes con burguesías autóctonas con tal de que non fosen "oligárquicas", que se alianzas con partidos nazonalistas burgueses -PNV ou CiU antes; logo ERC, EA, Chunta Aragonesista...- co conto de remodelar ou reinventar o Estado...) e cando o modelo de organización se concibe como un ente metafísico aillado da división social de clases, das súas loitas e dos movementos que xenera, entón, os alicerces para a debacle político-ideolóxica están postos.

Agora queda claro o futuro do Bloque: por unha banda, o cemento, a militancia disciplinada por un partido de corte estaliniano ( a "U"), coas súas teses de desenvolvemento por etapas, ou sexa, primeiro consolidar un marco democrático-burgués nacional galego e logo, sine die, un socialismo indefinido.
Pola outra, o sector quintanista que aprendeu a pisar moqueta, que degustou os praceres do poder e do sistema e que non está disposto a abandonar a política do pragmatismo máis ramplón e desideoloxizado con tal de retomar postos na Xunta. En certa forma, son os grandes trunfadores do Congreso, pois acadan importantes posicións constituíndose como partido e asemade manterán a liña da conquista dos cargos institucionais como obxectivo prioritario moi apetecible

En canto aos beiristas, cun líder derrotado e cuns sucesores que están moi lonxe de dar a mínima talla político-intelectual, son sen dúbida os grandes perdedores, sen futuro e sen outra alternativa que a repetición mántrica das consignas abstractas lanzadas polo gran gurú.

Ábrese un período de reflexión para aqueles militantes nazonalistas de esquerda que pasaron pola experiencia do "profeta desnortado".
Ábrese a posibilidade dunha reunificación de forzas en base a unión da loita de clases e a loita nacional, da batalla contra o capitalismo que está a levar ao paro e a miseria a milleiros de galegos, portugueses, españois... e a do combate contra a opresion nacional de Galicia.

Porque a liberdade de Galicia será o resultado da loita dos traballadores galegos ou non será, e igualmente, o trunfo do proxecto anticapitalista sen recoñecemento pleno da soberanía nacional de Galicia tampouco será.

Sinxelamente: N E C E S I T Á M O N O S.

(Porque as nosas vidas valen máis cós seus beneficios)

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Non deixa de ser admirábel que coa súa idade estea aínda ao pé do cañón.

Anónimo dijo...

Certo.

Anónimo dijo...

Eu voto a que vai haber un movemento de independentes do BNG cara o novo partido de incógnita ideoloxida que vai fundar Aymerich.

Éche moito que teñan seguidores estes narcisistas. Fundar un partido sen definición ideolóxica que abranga un amplo espectro de intereses ideolóxicos significará crear un partido de moderación e xestión servil aos intereses das cabezas do mesmo. Algo contrapolítico e autoritario. Un partido que xa nace antidemocrático e desorientado.

Só unha panda de ilusos crónicos, de tontos, pódese arrexuntar entorno a el. Creo un partido, non me defino ideoloxicamente agora nin no futuro, por suposto eu vou ser o dirixente do partido por decreto meu, e captaréi de seguro un 20% dos independentes do BNG. ¿Non saben ver trepadores estes militantes? ¿Que lle pode levar a alguén a apoiar a tal fulano cando non ten un programa ideolóxico nin nunca o tivo? ¿Por que non hai quen se dea conta, nese partido, que están vencidos por narcisistas crónicos que non dubidan en usalos para acadar cotas de poder?

A única xustificación dos líderes do BNG agora mesmo é o poder. E para iso vale todo. Son consecuencias derivadas da ausencia de principios e da indefinición ideolóxica. E consecuencias derivadas da superficialidade con que deciden a quén apoiar (o peinado, a verborrea ou as "aptitudes"), nunca a qué apoiar.

Anónimo dijo...

Tes razón. e sumando un pouco maís ao que dis, eu creo que o do partido dos "quintanistaas" é unha demostración de por onde vai a política profesional e isntitucional: sen ideoloxía, sen norte, camaleónica e cun único obxectivo: vivir (e moi ben) da política.

Anónimo dijo...

Desnortados estamos todos e é moi posibel que ainda estañamos máis, cando veñan ás eleccións municipais; así pois compre poñerse a traballar si non nos queremos desnortar máis e vaiamos a para á foxa atlántica empurrados polas forzas españoleiras que non están a amolar no día a día.
Dito o anterior, tamén compre que a militancia do BNG poña nos postos públicos a aqueles que señan máis coherentes en cada zona coas teorias nazonalistas e de esquerdas, e deixarse de coñas, que xa está ben de aturar a medradores que buscan moqueta e coche oficial.

Anónimo dijo...

teño 100 palomas mensageras
mensageras?
no te exagero nada




imbecil

Anónimo dijo...

E non terás miolos máis que para isto, benquerid@ difamador/a?

Anónimo dijo...

será Martiño o que recolla o pastel podrfe de Beiras.

será Martiño o que pague o pato por estas trifulcas.

copia mala de beiras, e con sombreiro mais feo.

Anónimo dijo...

Os que vimos e nos formamos no marxismo e na dialéctica das relacións entre loitas, clases, movementos e organizacións, sabemos que en momentos de retroceso, de derrota, de vacuidade ideolóxica, os mediocres e os burócratas (a oportunista e dura nomenklatura)suben e copan os postos máis altos. Abonda con facer unha reflexión sobre a historia dos partidos políticos (de "clase" ou de "esquerda", enténdese)para decatarse de que calquera mala fotocopia do orixinal pode chegar a "soberano" do seu partido (sindicato, Estado...)
Ninguén sabe o que pode pasar no Bloque.

Anónimo dijo...

bo traballo a favor España e os seus infinitos amigos.
Esta claro logo de leerte estos dias: NON HAI UN BO. So ti e os teus "traballadores".
Meu, enganaraste e enganaras a aulgun rapas pero, iso si, felicítoche pois fas un bo traballo. Se non cho pagan estas "out" parviño, ti dache a conocer que tes tódolos medios o teu favor pero iso si, ahi moitos traidores disfrazados e militantes e o españolismo non os da pagados a todos.
Ti espera que chegara o teu momento a mais non tardar.
Saude e sorte queridiño.

A mosca esquerdosa dijo...

Resposta ao anterior:
Non vou entrar a contestar nin as ameazas nin aos insultos ("traidor", etc). Aínda que ti a min si, eu non te considero o meu inimigo.
Creo que debes reflexionar sobre certas crenzas políticas tomadas coma unha relixión coas consecuencias xa sabidas de agresividade e violencia (inda que sexa verbal... por agora)propias de quen ve cuestionada unha determianda "fe".
Por último, só dicirche que non son "españolista" nin tampouco "nazonalista" entendido no sentido que semellas darlle ti: o da "nazón" ou "país" por encima e á marxe das clases sociais (de feito son as dúas caras da mesma moneda: a subordinación dos traballadores a unha determinada forma de capitalismo) Se algunha etiquetas gostas de poñer, mellor que fales de "internacionalista", no senso de comprender que a clase obreira organizada por encima e alén de cada nazón ou país (lembras? PROLETARIOS DE TÓDOLOS PAISES, UNÍDEVOS!... contra quen? contra as burguesías das propias nazóns que os están a explotar. Vas ter que calificar aos Marx, Lenin, etc. de "españolistas e traidores" tamén e, xa que logo, ás internacionais obreiras que promoveron)debe ser ao mesmo tempo que leve adiante a loita de liberación social e a nacional.
Estar polo tanto pola soberanía nacional, o dereito de autodeterminación (e no seu caso pola independencia se nun momento histórico fose positiva para o conxunto de ámbalas dúas loitas)e a superación da explotación do home polo home (contra o capitalismo, vamos)por moi autóctono que se nos venda, son aspectos dunha mesma loita pola liberdade e o socialismo democrático.
En fin, mália túa actitude, espero que polo menos fagas o esforzo de entender e non incriminar sen maís posicións políticas que nada teñen que ver con "traizóns" nin "compra-vendas" de ningunha clase.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Gracias por contestar e non teñas medo, meu, que en ningún momento te amenacei, mais ben tódolo contrario, varias veces te felicitei e te volvo a felicitar polo teu traballo na desinformación e na procura do abandono e o desleixo pola nación.
Xentiña coma ti fan un bo traballo por españa, esa é a niña particular idea. Se trata de desmotivar indo polo mundo perfecto que, ánima bendita, ninguen quere.
O teu argumentario é o do bon ultraesquerdista, se non son as miñas "elaboradas" ideas as que se impoñen, pois ren de ren.

Non vos importa que o 90% dos compatriotas pasen de calqueira tipo de idea nacional e que abracen repetidamente os partidos e organizaciones españolas.

Iso non é importante, non.

Por iso dígote que os que traballades para que isto siga igual, sodes moitos pero tranquilo, ti fas un bo traballo.

Saude e sorte.

E non teñas medo dos bos e xenerosos, rapaz.
Ti ten cuidado cando acabes votanto ou militando no PP ou no PSOE, que é onde acabades todos, raparigo.