sábado 21 de febrero de 2009

BENEFICIOS BANCARIOS

A semana pasada faciámonos eco da proposta que a esquerda anticapitalista ten posto sobre a mesa en paises coma Francia (NPA: Novo Partido Anticapitalista), Portugal (Bloco de Esquerda), Italia (Sinistra Crítica)...referente á necesidade de CONXELAR OS BENEFICIOS BANCARIOS E UTILIZAR OS SEUS DIVIDENDOS PARA COMBATER O PARO E A CRISE QUE ESTÁ GOLPEAR DE XEITO BRUTAL AOS TRABALLADORES E AO POBO DE A PÉ.

Houbo críticas sobre tales ideas, críticas que en gran medida reflicten esa mentalidade submisa que a ideoloxía dominante inculca dende a máis pequena idade nas nosas mentes. Non obstante, xa hi voces que dende o mesmo campo do capitalismo, formulan a posibilidade de nacionalización de todo o sistema financeiro, abocado como está a unha xeira de crebas e escándalos que semella non ter fin. O último, que non o derradeiro, é o de Stanford nos USA (máis de 8.000 millóns de dólares), que arrastrará a outros moitos especuladores e banqueiros na súa caída.

Só por tales feitos, hoxe á luz pública, abondaría para tentar cambiar de modelo e plantexar outra lóxica á marxe do sistema.
Pero vexamos algúns datos máis para facérmonos unha cabal idea do que en realidade está a pasar.
OS BENEFICOS DECLARADOS POLOS CINCOS GRANDES BANCOS ESPAÑOIS (B.Santander, BBVA, La Caixa, B. Popular e Caixa Madrid) supuxeron no último exercecio a calafriante cifra de 13.240 millóns de euros... só eles cinco.
Unha suba dun 52% con respecto ao 2004, onde o B. Santander medrou un 72´5% ou A Caixa un 83´1% (xa sabemos que os nacionalistas burgueses non gostan de airear estas realidades)
E se quixeramos facer algún tipo de comparacións, poderíamos fixarnos, por exemplo, como SÓ COS BENEFICOS DO SANTANDER PODERIAMOS PAGAR AS PENSIÓNS, TODAS AS PENSIÓNS, DURANTE TRES ANOS, ou como os recursos que manexan os principais Bancos e Caixas españolas dobran o PIB, ou talvez constatar que a xestión dese auténtico "primus inter pares" que é novamente o Santander manexa fondos por valor de 961.953 millóns de euros, cifra superios ao PIB español...
Mentres, as familias españolas están endebedadas ao 110%, o paro se achega aos 3.500.000 de traballadores (e aínda teñen a vergonza estes socialdemocrátas de cartón-pedra de dicir que "ninguén quedará abandonado a súa sorte"!), a precariedade laboral acada a un tercio da poboación e na xuventude pasa amplamente do 50%...
Datos, datos e máis datos...
Pero, non caiamos nos tecnicismos burocráticos tan do gusto dos funcionarios ao servizo do poder. O importante para nós, para a esquerda anticapitalista é a coherencia entre os obxectivos e a estratexía proposta. E se tales obxectivos se definen pola superación e o cambio do sistema capitalista, a estratexia de propostas e alternativas ten que ir intimamente unida á consecución de tales fins. Por iso, queremos que a cidadanía e o pobo traballador en xeral vexan a posibilidade de atopar saída á súa anguriosa situación con propostas que poderían ser levadas a cabo con só ser un pouco consecuente co nome e siglas que din representar eses socialistas e nacionalistas de "esquerda" que falan e falan pero son incapaces de tocarlle nin a un pelo aos inxentes beneficios dos banqueiros, especuladores e capitalistas...
Por iso, hoxe máis ca nunca, cómpre outra esquerda, unha esquerda que defenda con radicalidade que AS NOSAS VIDAS VALEN MÁIS CÓS SEUS BENEFICIOS.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Eso que propós, mosca, está ben, pero non chega. Temos que buscar a nacionalización do sistema financiero completo e a creación dun sistema público crediticio en mans do Estado e controlado polos traballadores. Mira o que di o NPA en Francia e verás.

Anónimo dijo...

Por que non penduras neste blogue un link á web de Izquierda Anticapitalista?
Co teu permiso vou facer un chamamento a toda a xente de esquerda e aos demócratas de toda caste para que baixen da páxina web de Izquierda Anticapitalista o impreso para a recollida de 15.000 firmas que lle pemitan presentarse ás eleccións ao Parlamento Europeo. Conste que iso non implica apoiar a esta candidatura, só o dereito a poder presentarse e que os cidadáns poidan votar por esta opción se o quixeren. Xa hai milleiros de asinantes, como Manuel Rivas, Manu Chao, etc. etc.
Veña, mosca, difunde esta mensaxe e firma ti tamén.

Anónimo dijo...

Vivides de fantasías.

Anónimo dijo...

Como contestarlle a un peixe que nunca pensou que poidera haber vida fóra do mar?

Anónimo dijo...

La prensa ya habla de "miles de bancos" que quebrarán en EE.UU en los próximos años y que una segunda ola de quiebras se acerca.

Anónimo dijo...

O triste do caso é que se perden, afúndennos na miseria do PP, e se gañan, van pensar que o fixeron moi ben e que o Touriño-Presidente é algo así como un Obama galego.
Eu estou contigo, moscaesquerdosa, deberiamos xuntármonos as forzas da esquerda revolucionaria, mesmo as do nazonalismo independentista. Eu creo que Galiza non debería ser nunca un obstáculo para a unidade entre os que queremos a soberania nacional e os que dende outras opcións marxistas e libertarias defendedes a autodeterminación dos pobos e a independencia de clase.

Anónimo dijo...

O que máis noxo dá deses ministros socialdemócratas e o seu gosto polo luxo e o señoritismo.
Para min é máis noxento que pagase mil euros por ir cazar a un deses cotos para ricos que o tema da falta de licencia para facelo en Andalucía, que ao fin e ao cabo non é máis ca un trámite administrativo.
Claro, que se miramos para "arriba" e vemos quen cazou osos en Rumania...

Anónimo dijo...

¡FEIJOO E O PP: NON PASARÁN!

Anónimo dijo...

Dacordo, que NON PASEN NIN FEIJOO NIN O PP, pero non a conta de caer nos brazos de Touriño e Quintana, que no fondo fan a mesma política de dereitas que os peperos.

Anónimo dijo...

usted anuncia su blog en una pagina y un peridico nacional me meto y es en gallego..vive usted en españa y el idioma es el español.sino le gusta dond evive vayase a tomar por culo..pero galicia es españa y esa galicia es para los españoles.
fuera independentistas y socialistas.sois la puta escoria de la humanidad.
pocas camaras de gas se hicieron.

Anónimo dijo...

Muy Sr. nuestro:

Por si no lo sabe, en Galicia es tan oficial el idioma gallego como el castellano.

En cuanto a lo describir en tal o cual periódico identificando la procedencia, no debería ofender a nadie. Cada uno es libre de leer o no lo publicado, aunque, ciertamente, si nos pasa Ud. por la cámara de gas ya no podremos seguir haciéndolo.