Algúns, os máis desvergonzados da dereita, propoñen "abaratar o despido" (que, ollo!, non só son do PP, senón tamén do ámbito da socialdemocracia: ver o caso do gobernador do Banco de España) e outros, os da "esquerda" institucional, prometen que atenderán aos desempregados, que ningunha familia quedará desprotexida, que eles non son partidarios do despido libre... mentres, na práctica, suman medidas contrarias aos traballadores. Hoxe, máis do 90% dos contratos son temporais, as rescisións dos mesmos a penas custan cartos para os patróns, os EREs saen subvencionados, os diñeiros públicos van parar aos banqueiros, multinacionais e especuladores, os cales, unha vez recibidos, fan con eles o que lles peta.
É tal o bombardeo ideolóxico, que non deixan espazo para o coñecemento e a comunicación de propostas alternativas. Calquera idea que saia da lóxica do capitalismo, do beneficio empresarial, ou da explotación e da depredación vai ser sistematicamente silenciada.E, sen embargo, "habelas hainas".
SABEDES QUE O NPA (NOVO PARTIDO ANTICAPITALISTA DE BESANCENOT) EN FRANCIA PUXO ENCIMA DA MESA A CONSIGNA "REPARTO DOS BENEFICIOS BANCARIOS PARA CREAR EMPREGO"?
QUE NINGÚN DIVIDENDO DOS ESPECULADORES FINANCEIROS PASE A ENGORDAR OS XA REPLETOS PETOS DOS BOTIN, GONZÁLEZ, ETC. ETC. ENTANTO OS TRABALLADORES SIGAN SUFRINDO O PARO!
Certamente, con chamamentos coma este estamos a cuestionar o fundamento ideolóxico do sistema: que os seus beneficios son intocables. Pero o seu carácter de invención falsificadora da realidade queda hoxe máis clara que nunca logo da xeira de crebas como consecuencia da súa estratexia (apoiada polos gobernos) de enriquecemento dos amos do diñeiros por encima de todo.
Nada impide que os dividendos especulativos sexan empregados na economía productiva, incluso na súa economía capitalista. Nada empece a que eses multimillonarios beneficios bancarios sexan revertidos á sociedade, ao pobo, aos traballadores de onde se tiraron.
Nada? Ah, si, unha gran mentira segue a fornecer esta dinámica de paro, precariedade e miseria para a maioritaria parte desposuída da sociedade, en troques da outra, a do luxo, despilfarro e gañancias sen taxa (0 5% acubilla o 75% da riqueza) que se fai cada vez máis poderosa: A DE QUE OS SEUS BENEFICIOS SON INTOCABLES.
PARA A ESQUERDA ALTERNATIVA OUTRA É A LÓXICA, OUTRA A VERDADE, OUTRA A ALTERNATIVA QUE DEBE GUIAR A SAÍDA DA CRISE:
QUE AS NOSAS VIDAS VALEN MÁIS CÓS SEUS BENEFICIOS!
5 comentarios:
Eso es irreal. Nunca los banqueros permitirían que se nacionalizaran sus bancos.
Para o Anónimo anterior:
¡¡¡sexamos realistas: pidamos o imposible!!!
Nunca souben distinguir moi ben a un realista dun submiso.
Seguen a afundirse banqueiros e especuladores. Por aquí temos ao Banif, por USA, unha nova debacle de máis de 8.000 millóns.
A todos os que pensades que e necesario construir unha Alternativa Anticapitalista na Galiza e no Estado Español comunícovos que en breve vai haber unha xuntanza para formación dun Comite de Apoio Galego. Estade atentos; e o que estea interesado pode visitar www.anticapitalistas.org e dirixirse aos enderezos que alí figuran.
Publicar un comentario en la entrada