sábado 29 de noviembre de 2008

NACE UNHA ALTERNATIVA

Mentres o social-liberalismo imperante regala milleiros de millóns de euros aos especualdores, á banca, ás multinacionais...

Mentres, como recolle hoxe a prensa, o goberno Zapatero agasalla con máis gañancias a Igrexa Católica (outros 30 millóns millón a engordar sobre o xa habido)...

Mentres os nosos gobernantes, sexan do PP, do PSOE, do BNG, do PNV, de CiU... dispendian os cartos públicos como autènticos sátrapas...
MENTRAS OS TRABALLADORES e OS CIDADÁNS DE A PÉ, APENAS CHEGAN A FIN DE MES... SE É QUE CHEGAN.

Porén...

Noutros paises europeos, como nos nosos veciños Francia e Portugal, estanse a consolidar alternativas de esquerda anticapitalista (NPA; Bloco de Esquerdas)

Aquí, no Estado Español, empezan a aparecer no ermo terreo da esquerda consecuente e anticapitalista algunhas alternativas. Sen ir máis lonxe, a pasada semana, naceu IZQUIERDA ANTICAPITALISTA, grupo formado por antigas e novas xentes procedentes da vella LCR, independentes, Corrente Alterna...

Din que tentarán presentarse ás eleccións europeas, e para iso van á procura das 15000 sinaturas... Agardamos que acaden o obxectivo proposto e teñamos, inda que de momento sexa a nivel testimuñal, unha voz radical e anticapitalista que resoe por todos os currunchos do país.

Non cabe dúbida: unha boa noticia para as xentes da esquerda que loitan por un mundo mellor.

PORQUE AS NOSAS VIDAS VALEN MÁIS CÓS SEUS BENEFICIOS.

sábado 22 de noviembre de 2008

DIÑEIRO PÚBLICO

Non hai día que pase sen que os medios de comunicación non nos agasallen con novos regalos dos gobernos (estatal ou atonómicos)


Só que ese derroche de cartos públicos, pagados cos impostos de todos nós, van dirixidos aos bancos, aos especuladores financeiros, ás multinacionais que se estiveron a forrar todos estes anos de bonanza mentres a proporción dos salarios no conxunto da economía baixaba en comparación cos beneficios dos amos do capital...
Hai quen vende a historia de que compre "engrasar" o sistema financeiro para que concedan créditos aos particulares e PEMEs: pero ocultan que tal cousa poderíase facer mellor cos organismos de crédito oficial e nacionalizando a banca.

Hai quen conta que hai que darlle subvencións ás multinacionais en crise para evitar o paro: pero nada din sobre os milleiros de millóns de euros que desapareceron sen que ningunha desas empresas salvase un só posto de traballo cando decidiron "deslocalizar".

Hai quen cre que eses cartos os pon ZP, Touriño, Quintana, Montilla, Gallardón, Sarko, Bush, Obama, Durao Barroso... porque tan afeitos estamos a esa linguaxe dos "esforzos" dos gobernos, do "traballo arreo" dos políticos no poder, etc. etc. que chegamos a estar verdadeiramente intoxicados da súa propaganda machuconamente repetida.

Pero as loitas pola defensa do posto de traballo, contra a precariedade laboral, contra as deslocalizacións de empresas na procura de soldos ínfimos... están a mudar a conciencia e a organización dos traballadores.

Utilizando unha frase do vello Marx: están a pasar de ser unha "clase en sí" a ser unha "clase para sí"

PORQUE, MAL QUE LLES PESE A ALGÚNS AGOREIROS, A LOITA DE CLASES NON MORRERÁ MENTRES OS SEUS BENEFICIOS CAPITALISTAS VALLAN MÁIS CÁS NOSAS VIDAS.

sábado 15 de noviembre de 2008

BUSH y ZP.

Pois xa temos a ZP ante o emperador.
Convertiu a súa presenza nos USA nunha cuestión "de Estado", "vital" para os intereses españois...

Pero, os datos reais e a lóxica desmínteno, pois non só Bush volverá impoñer as regras de xogo do Imperio, senón que nin tan sequera se formula xa ningunha "refundación" do capitalismo, ao estilo da demagoxia sarkozyniana.
Entón, a que vén toda esa parafernalia, que onte mesmo tivo o seu cume nas desgrazadas declaracións da Sra. Fernández de la Vega con iso de que iamos saír do rincón da historia (igualiño que Aznar: a iso ten chegado o lixo socialdemócrata...)
Pero por se todo isto non fose dabondo, agora tamén enterámonos pola prensa francesa que ZP lle deu un cheque en branco a Sarkozy: "Pídeme o que queiras". Puro e duro vasalaxe a un señor hoxe máis cuestionado ca nunca polos cidadáns galos, por toda a esquerda francesa e polo propio P.S. daquel país.
Un señor que está levando adiante unha política neoliberal, unha política abertamente contraria aos intereses dos traballadores, unha política de despidos e privatizacións (o caso máis representativo e o da "Poste"-Correos)... mentres, en fronte, as folgas, as mobilizacións e as loitas dos obreiros, estudiantes, campesiños... percorren toda Francia de norde a sur...
SI, A ESTE MODÉLICO REPRESENTANTE DESE CAPITALISMO ESPECULADOR E AUTORITARIO VÉN DE PRESENTAR VASALAXE O NOSO SOCIALDEMÓCRATA ZP...
Entanto, cada día toma máis pulo o NOVO PARTIDO ANTICAPITALISTA FRANCÉS (impulsado pola LCR e Besancenot), e xa non saben os socialistas galos que facer para paralo. De feito, estanse a producir escisións de importancia pola esquerda nese partido...
Xa é hora de que en Galicia e no conxunto do Estado Español levantemos unha auténtica alternativa de esquerdas, anticapitalista, democrática, masiva: os franceses están a demostrar que o proxecto é posible... e necesario.
PORQUE AS NOSAS VIDAS VALEN MÁIS CÓS SEUS BENEFICIOS!

domingo 9 de noviembre de 2008

REXURDE A LOITA OBREIRA.

Dende Barcelona até Vigo.
Dende Euskadi a Andalucia.
Dende Baleares a Extremadura...

Talvez sexan da Nissan ou dos asteleiros de Vigo...
Poida que sexan traballadores da construción ou quizais da hostelaria...

Un mesmo berro por toda España: QUE A CRISE A PAGUE QUEN A PROVOCOU! Mais non estamos sós. En Francia, en Portugal, no Reino Unido, por toda Europa espállanse as protestas, as manifestacións, as folgas...

Outros sectores sociais tamén se suman á loita: estudiantes, labregos e gandeiros, autónomos arruinados pola especulación dos bancos e dos depredadores financeiros...

E os ecoloxistas tamén: ven como o futuro deste planeta chamado Terra vai cara ao desastre. Algúns comprenden cal é a causa da debacle...

O feminismo xa non cre na liberación da muller á marxe do cambio do sistema: outra forza que apoia o cambio.

Agroma a confianza da clase obreira nas súas propias forzas, pero tamén os falsos profetas: os Obama, os Sarkozy, os ZP... venden pantasmas e quimeras para enganar e desmobilizar

Pero unha pantasma percorre o mundo:

A LOITA DE CLASES REXURDE!

PORQUE A LIBERACIÓN SERÁ OBRA DOS TRABALLORES E DOS OPRIMIDOS OU NON SERÁ...

QUE VALEN MÁIS, OS SEUS BENEFCIOS OU AS NOSAS VIDAS?

sábado 1 de noviembre de 2008

DERIVA NEOFASCISTA

Na mesma medida en que medra a crise, coas súas terribles consecuencias de paro e precariedade, fame, medo ante o futuro... crece tamén o desnorte, a perda de confianza nun sistema no que se acreditara até hai pouco, a busca de saídas para a súa anguriosa situación...

Nese escenario, en que o vello non acaba de morrer e o novo non agroma dunha vez, aparecen os salvapatrias, os populistas da dereita, os neofascistas coas súas receitas de odio e rancor contra as camadas populares máis desfavorecidas: os inmigrantes, os de color e fisonomía diferente, os sen papeis...

Eles, os marxinados, son os que teñen os peores medios para organizarse, defenderse dos ataques de que son obxecto (tanto polas organizacións neonazis, como tamén polos aparellos represivos do Estado) e acadar solidariedades...

Que doado é botarlle as culpas do paro, da delincuencia, da pobreza que coma unha pantasma recorre as rúas das cidades e vilas do país!


Como explicar senón esa nova de que en Italia separan aos nenos inmigrantes dos nacionais en clases diferentes, en aulas distintas, en escolarizaciones desintegradas?
Como entender esa morea de declaracións de "liberais" da dereita, de socialdemócratas (ex. Ministro de Traballo de España), de institucións oficiais nas que se culpabiliza directa ou indirectamente aos inmigrantes dos males da sociedade?
Sempre a mesma lóxica: a de enfrontar entre si aos traballadores, a de dividir aos desposuídos para que os posuidores sigan a enriquecerse máis e máis, a de buscar "cabezas de turco" entre os febles para centrar neles o noxo, a rabia, a desesperación dos que sufrimos a crise...
Entanto, os bancos din que obteñen máis beneficios (Santander, Pastor...), pero, iso si, a"morosidade" aumenta, ou sexa, as xentes de a pé que non poden pagar a hipoteca e, afogados polas débedas, ven como lles son embargados os pisos, os coches, as nóminas...
Din os gobernos capitalistas que non hai cartos para os servizos públicos, que hai que facer despedimentos no ensino (por iso as folgas masivas en Italia e Francia), privatizar o que antes era de todos e valía para todos (caso "La Poste"- Correos en Francia), flexibilizar (ou sexa facilitar o despido barato) o mercado laboral (así en España, a Nissan e toda a industria do automóbil anda a botar xente á rúa, a facer espedientes de regulamentación de emprego... ou a Telefónica carga sobre os ombros dos traballadores e do Estado as prexubilacións dun persoal en plenas facultades -de até 48 anos!- de rendemento, pero iso si, cunha tacha, a de teren contratos indefinidos, e os cambia por xoves aos que lles fan contratos lixo... e logo falan de produtividade, de sociedade do coñecemento, de apostar pola mocidade...)
Unha das leccións que os marxistas revolucionarios tiraron da creba do 29 foi precisamente esta: CANDO A CRISE GOLPEA E A LOITA DE CLASES SE AGUDIZA A NECESIDADE DUN PARTIDO REVOLUCIONARIO, DUNHA ORGANIZACIÓN DE ESQUERDA ALTERNATIVA E ANTICAPITALISTA, CONVÉRTESE NA TAREFA CENTRAL DE TODOS OS QUE CONSCIENTE OU INCONSCIENTEMENTE BUSCAN UNHA SAÍDA Á SITUACIÓN.
EN FRANCIA, EN PORTUGAL, EN DIVERSOS PAÍSES DE HISPANOAMÉRICA (SE BEN DE XEITO PARCIAL) XA VAN NESA LIÑA.
NO ESTADO ESPAÑOL HAI SEMENTE, VIMBIOS, GANAS, XENTES DE ANTES E DE AGORA QUE NON ESTÁN DISPOSTAS A RENDIRSE...
CONSEGUIREMOS XUNTARNOS TODOS E TODAS?
ACADAREMOS ESE PARTIDO ANTICAPITALISTA E DEMOCRÁTICO CAPAZ DE ENFRONTAR ESTE SISTEMA INHUMANO E CRUEL?
A RESPOTA, AÍNDA ESTÁ NO VENTO...