viernes 26 de septiembre de 2008

AH! PERO EXISTE A LOITA DE CLASES...

Moitos foron os que cantaron o final da historia: se co novo capitalismo globalizado (realmente novo?) de caracter financeiro as clases desapareceran, xa non había lugar a súa consecuencia necesaria: a loita de clases, a dos despusuídos contra os pusuidores do diñeiro e os medios de producción... Pero entón chegou a crise, unha máis certamente, pero apareceu tan de súpeto, tan despiadada que o "chock" foi brutal: abríronse moitos ollos cegados polo brillo do diñeiro e da corrupción e caeron máscaras e vendas...

Os millonarios seguiron sendo igual ou máis ricos que antes: pegaron o pelotazo, desapareceron os aforros e os impostos, pero eles levaron indemnizacións de infarto: todo estaba "atado e ben atado".

Os traballadores, pola contra, viron medrar o paro, a precariedade laboral, os contratos lixo...

Os investimentos dos "Estados do Benestar" diminuiron "porque a crise obriga a apretarse o cinturon", asi que o pobo cargou sobre as súas costas o peso da debacle: por suposto, para iso estaban as burocracias sindicais, para controlar a rebeldía, o descontento, os estoupidos de rabia...

Agora entramos na fase seguinte, típica por demais nestas situacións:

O PRESIDENTE DA PATRONAL CHAMA A "FLEXIBILIAR O MERCADO DE TRABALLO", OU SEXA, MAÍS DESPIDO LIBRE, MENOS INDEMNIZACIÓNS, MÁIS FACILIDADE PARA DESFACERSE DOS TRABALLADORES QUE LLE ENTREGARAN O SEU SUOR E A SÚA VIDA... SOMOS COMA OBXECTOS, COUSAS INÚTILES: CANDO NON ME SERVES, TIRO CONTIGO ...

Axiña veremos os primeiros desmarques dende os sindicatos e o goberno: "hai que ser realistas, o pais necesítao, sacrificarnos hoxe para gañar máis mañán..."

Logo virán globos sonda, algunhas medidas de proba ou tanteo, e se a desmoralización, o desánimo, a desmobilización son profundos, caerán outras e outras e outras...

O goberno socialdemócrata verase tamén engulido nesta espiral: CANDO OS CAPITALISTAS NON OS NECESITEN PARA CONTROLAR E SUBMETER AOS TRABALLADORES, VIRÁN OS SEUS VERDADEIROS REPRESENTANTES: OS RAJOI, ESPERANZA AGUIRRE, FEIJOO... PARA REMATAR A FAENA.

Lembremos a nosa recente historia, o traballo suxo de Felipe González antes de deixarlle o poder a Aznar...

PERO ISTO NON TEN POR QUÉ PASAR: PODEMOS LOITAR, ORGANIZARNOS, FORMULAR ALTERNATIVAS PROPIAS...

EN FRANCIA, POR EXEMPLO, O NOVO PARTIDO ANTICAPITALISTA QUE ESTÁ A FORMARSE E CADA DÍA MÁIS FORTE, CONECTA COA XENTE, PLANTEXA COUSAS COMO UN SALARIO MÍNIMO DE 1500 EUROS, CONTROL OBREIRO, REXEITAMENTO DA DÉBEDA EXTERNA, NEGATIVA ROTUNDA ÁS PRIVATIZACIÓNS DOS SERVIZOS PÚBLICOS (EXEMPLO: "LA POSTE", CORREOS, ONDE O LIDER DA L.C.R. E DO NOVO PARTIDO ANTICAPITALISTA TRABALLA COMO UN SIMPLE CARTEIRO...)

DE NÓS DEPENDE, SÓ DE NÓS...

SOCIALISMO OU BARBARIE!

sábado 20 de septiembre de 2008

DÚAS ALTERNATIVAS FRONTE A CRISE

MILLEIROS DE MILLÓNS DE EUROS E DÓLARES PAGADOS POR TODOS OS CIDADÁNS SAEN AO RESCATE DOS ESPECULADORES, DAS MULTINACIONAIS DAS FINANZAS, DOS SEGUROS, DAS BOLSAS, DOS QUE FIXERON FORTUNAS INCRIBLES Á CONTA DE ENGANOS, TRAMPAS, ESTAFAS...

As arcas dos Estados son baleiradas neste desfalco legal: en España, sen ir máis lonxe, o ministro Solbes vén de entregar tres mil millóns de euros ás sociedades inmobiliarias que se fixeran de ouro especulando e que agora se atopan sen poder materializar as súas ganancias. Tres mil millóns que se suman a outras moitas axudas e subvencions fiscais para que "o sistema" funcione. Segue pois a mesma senda que os grandes paises capitalistas coma UK ou USA, gobernados no primeiro caso polos laboristas e no segundo polos conservadores republicanos.
Nas épocas de crise a esquerda sempre formulou reivindicacións a prol dunha saída favorable para a clase traballadora: escala móbil de salarios, control obreiro sobre as empresas, nacionalización da banca (de toda a banca!) e dos seguros... en fin, medidas dirixidas a facer pagar o custo da desfeita a quen a provocou.
Pero chegou a socialdemocracia alemana (alá polo 1958) e declarouse partidaria e defensora do capitalismo. Entón, como podía enfrontar dende estes postulados as crises cada vez máis amplas e profundas deste sistema de competencia desenfrenada polo único obxectivo validado, isto é, o máximo beneficio? E o resto dos chamados partidos socialistas quedaron desnortados...
Chamaron aos sindicatos (previamente "untados" como deus manda) na súa axuda e tivérona, claro. Logo, utilizaron as solucións da economía keinesiana para activar artificialmente a demanda, inda que fose a conta dunha inflación disparada. Máis tarde foron directamente aos aforros do Estado e meteron a man no seu peto agasallando aos amos do diñeiro... e se todo isto fallaba, entón, "caña ao mono", pao aos currantes, "Estado forte", represión, campañas masivas de intoxicación contra inimigos "internos" (os malvados comunistas) ou externos ("o eixe do mal", os terroristas...)
Mais non toda a esquerda capitulou. Certamente sufrimos moitas derrotas, crebáronse ilusións, perdimos innumerables batallas... pero non lograron eliminarnos, o xerme permaneceu, o espírito de rebeldía continuou e hoxe, en paises como Francia agroma con forza un Novo Partido Anticapitalista -NPA-, masivo, democrático, defensor a ultranza dos desposuídos, asoballados e traballadores. No mesmo núcleo da Europa a xente organízase e entende que hai que loitar, que a pasividade non é o camiño para resolver os seus problemas, que este sistema depredador ten que rematar, que outro mundo é posible...
En Hispanoamérica tamén buscan solucións propias. Os ianquis despregan a súa CIA, os seus medios de comunicación, fan manobras militares intimidatorias... pero non poden parar o movemento de liberación.
En Galicia e en España temos que buscar tamén alternativas. Hai vimbios cos que facer este cesto, hai xente que non está disposta a tragar máis, que quere organizarse e loitar, que sabe que a solución da crise non pasa por dar novos "créditos de confianza" a gobernos que saen na defensa e salvagarda do sistema.
DÚAS ALTERNATIVAS, HOXE COMA ONTE: OU ESQUERDA ALTERNATIVA E TRANSFORMADORA, OU ESQUERDA SUBMISA.
QUE CADAQUÉN TIRE AS LECIÓNS DO QUE ESTÁ A PASAR.
Para nós, a opción é clara:
SOCIALISMO OU BARBARIE!

sábado 13 de septiembre de 2008

SOAN TAMBORES DE GUERRA NUCLEAR

A candidata á Vicepresidencia dos USA, señora Palin, vén de anunciar que estaría disposta a empreder unha guerra contra Rusia metendo a toda a OTAN no conflicto (lembremos que España forma parte da mesma... talvez agora saibamos a importancia daquel "Otan non, bases fóra"... e da traizón do señor Felipe Gónzalez a súa promesa de "Otan, de entrada NON")

O motivo é tan ridículo como hipócrita: se Georgia entra na Otan e Rusia ataca a este pais, entón hai que ir á guerra contra Rusia. Non importa se a culpa é de Georgia (¿quen empezou o actual conflicto senón esta "república pro-occidental"?), ou se as leis do dereito internacional en Kosovo ou en Osetia ían ser diferentes... Non, tampouco importa que os USA invadan Irak sen permiso e contra as resolucións da ONU, nin Afganistán, nin que estean a intervir a través da CIA en Bolivia (nunha estratexia moi parecida a utilizada no seu día contra Allende en Chile), nin sigan co bloqueo contra Cuba, nin presionen de xeito cada vez máis agresivo a Venezuela ou Irán...

O movemento pacifista, os/as ecoloxistas, os/as xoves, os/as feministas, os/as traballadores/as... a humanidade que aínda non caeu nas gadoupas do derrotismo e o conformismo criminal ten que pararlle os pés a esta maquinaria político-militarista que domina hoxe ao capitalismo e ao imperialismo USA.

Non podemos pensar que isto non pode pasar, que é todo un xogo de ameazas e palabrería. A historia amósanos (ollade para o caso de Hitler e o ascenso do nazismo ata a II Guerra Mundial) que o monstro está sempre preparado para desenvolver as súas terribles consecuencias en canto os medios "pacíficos" (na práctica: a guerra de baixa intensidade) se desbotan.

Hai unha tarta moi suculenta no gas e no petróleo na zona. Hai unha crise enerxética galopante. Hai todo un combate polo dominio das materias primas fundamentais para que a economía e o mundo funcione... e nese combate calquera medio poderá ser empregado se preciso for.

Por iso, hoxe, máis ca nunca, toda a esquerda, pero moi salientablemente a ESQUERDA REVOLUCIONARIA OU ALTERNATIVA debe unir as súas voces a Chaves, Evo e tantos outros é berrar moi forte ata que resoen as paredes do Capitolio e do Pentágono:

IANQUIS GO HOME!

NON A GUERRA!

SOCIALISMO OU BARBARIE!

sábado 6 de septiembre de 2008

CHE, O ARXENTINO

A estrea do filme sobre o "Che" volve poñer de actualidade a súa figura, o seu exemplo, a súa concepción do mundo, do home, da sociedade...

Moitos son os que se apresuraron xa en salvagardar o mito para acto seguido denostar ás súas crenzas. Non é o primeiro caso, nin será o último. Exemplos na historia sobran, empezando polo caso do propio Lenín, a quen Stalin converteu nunha momia santificada, ao tempo que baleiraba e traizoaba todo o seu pensamento.

Vella táctica a de todos os usurpadores e falsarios: facer do revolucionario un monicreque de cartón-pedra mentras se esnaquiza sistematicamente todo aquilo polo que loitou.


Ningún auténtico revolucionario busca o "culto a personalidade", ningún loitador contra a explotación, a opresión ou a miseria -sexa económica, política ou social- vai á procura de loubanzas e prebendas. Outra é a súa moral, outros os seus principios, outra a súa visión do home e da historia...

Mirade a diferenza con todos eses politiquiños que nos arrodean, cheos de ambición e soberbia... son tan penosos e cativos que, se non fora pola dano que producen, causarían risa.

Non estamos aquí a defender a estratexia guerrilleira nin a asunción acrítica da personaxe do "Che". Simplemente dicimos: estamos con el polo amor a esa causa, que algúns chamamos revolución, porque tenta cambiar ese mundo de inhumanidade e barbarie, o de onte tanto coma o de hoxe, en Galicia como en España, en África como en Asia...

Hai un ténue pero inquebrantable fío que une aos Marx, Lenin, Trotski, Che... con todos aqueles que non se conforman coa submisión e o servilismo, con xentes de Europa (ollade para o magnífico exemplo que están a dar os activistas franceses co proceso de constitución dun Novo Partido Anticapitalista -NPA-, pulado pola LCR, aberto, democrático, transformador e masivo) de América (Venezuela, Bolivia, Ecuador...) ou de calqueira outra parte do mundo... porque aínda

UN OUTRO MUNDO É POSIBLE ...

¡SOCIALISMO OU BARBARIE!