viernes 30 de mayo de 2008

¿SOMOS TODOS IGUAIS ANTE A LEI?

CANDO É O PROPIO GOBERNO QUEN VIOLA A LEI.


CANDO OS PODERES PÚBLICOS ANTEPOÑEN OS INTERESES PARTIDISTAS POR ENCIAMA DA LEI.


ENTÓN...



¿COMO SE LLE PODE ESIXIR Á CIDADANÍA QUE CUMPRA COA LEI SE AS AUTORIDADES NON O FAN?

Aquí en
Teo, á beira de Santiago, con case 20.000 habitantes, o concello gobernado polo BNG, fai un asfaltado dunha estrada incumprindo os máis elementais requisitos legais:

-SEN CONSIGNACIÓN PRESUPOSTARIA.

-SEN PROXECTO TÉCNICO.

-SEN EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN.

Logo, busca tapar o desaguisado formulando unha petición para transferir o crédito para o asfaltado doutra estrada aproveitando o cabreo dos veciños pola inxustiza de quedaren relegados no seu tramo de estrada...

Mais aquí o problema que debatimos non é a concreta cuestión de tal ou cal estrada. O problema é se estamos dispostos a excusar as actuacións ilegais (recoñecidas incluso polo propio goberno municipal) coa sempiterna cantinela do "ben dos veciños".

Se un goberno entende que o "Estado de Dereito" é aplicable segundo a súa convenencia e que a violacións das leis pode estar xustificada por intereses políticos coxunturais...

¿QUE VAI DICIR CANDO UN DESES CIDADÁNS FAGA UNHA OBRA SEN PROXECTO TÉCNICO E SEN CUMPRIR OS REQUISITOS LEGAIS ESIXIDOS?

¿CON QUE AUTORIDADE MORAL E POLÍTICA PODERÁ EXPEDIENTALO OU SANCIONALO?

PORQUE, ALÉN DA MANIPULACIÓN INFORMATIVA, CANDO O QUE SE IMPLANTA E O REINO DA ARBITRARIEDADE, TODOS, E MOI SALIENTABLEMENTE OS MAÍS FEBLES, PODEMOS SER VÍTIMAS DO NEPOTISMO E DA TIRANÍA.

ESTE FOI O CAMIÑO SEGUIDO POR TODOS OS FASCISMOS E ESTALINISMOS DO MUNDO... TODOS SABÍAN O QUE SUCEDÍA, PERO ...

HAI QUE MIRAR DE FRONTE O QUE ESTÁ A PASAR NO CONCELLO DE TEO!

NON AO SILENZO CÓMPLICE!

jueves 29 de mayo de 2008

Ska-P - El Vals Del Obrero

martes 27 de mayo de 2008

OS INVISIBLES ESPÍRITOS DO SISTEMA

Titular de "La Voz de Galicia" de hoxe: "Tráfico achaca al agotamiento laboral las muertes de obreros lusos en las carreteras gallegas"

(Nota: nas últimas 72 horas morreron catro)

Noticia do diario "Público" de hoxe: " Catro albañís morren nas obras de Mestalla".
E un pouco máis adiante: "Dous traballadores máis morren en Lugo e León"


Como é posible semellante sanguía?


A respota
nola dá nada menos que un organismo oficial, "Trafico": ESGOTAMENTO LABORAL.

Pero por se nos quedaba algunha dúbida, un vello obreiro, un encofrador valenciano chamado Juan Antonio Lechuga, nolo confirma: "Los trabajadores están sometidos a un ritmo de 12 horas diarias durante seis días a la semana...Los trabajadores están exhautos. Se veía venir".


Traballadores sobreexplotados, "esgotamento laboral", precariedade, paro, accidentes laborais, mortes... unha realidade case desapercibida.

Son os invisibles do sistema, os que cargan sobre as súas costas co peso dos desmesurados beneficios dos explotadores, dos chanchulleiros, dos especuladores, dos corruptos...


OS SEUS BENEFICIOS NUNCA MÁIS POR ENCIMA DAS NOSAS VIDAS!


UNHA ESQUERDA QUE DÁ A ESPALDA AOS TRABALLADORES NON É DIGNA DE TAL NOME.

lunes 26 de mayo de 2008

Papá cuentame otra vez

sábado 24 de mayo de 2008

O DRAMA DO BOLCHEVIQUE



Como foi posible que os vellos dirixentes da revolución bolchevique, tales como Zinoviev, Kamenev ou Bujarin, se autoinculparan dos horrorosos crimes que lles imputara Stalin sendo totalmente inocentes?



Por que só Trotsky e moi poucos líderes máis da revolución rusa mantiveron a súa coherencia denunciando a barbarie da dictadura stalinista?


O longo da historia dos partidos políticos unha e outra vén repetíndose o mesmo problema: cando a organización perde os seus principios, cando se arreda das ideas que a fundaron, cando os proxectos que lle deron vida fican esquencidos baixo mil excusas, ¿que fai que os vellos militantes, que os afiliados máis conscientes e preparados, que os loitadores máis capaces calen a boca e comunguen coas renuncias, coas derivas autoritarias, coa momificación da organización?


Por qué se traizoan a si mesmos?


Certamente, alén dos oportunismos, dos choios, da moqueta... hai que buscar outra explicación:


O DRAMA DO BOLCHEVIQUE, a traxedia de tantos militantes que sufriron as máis terroríficas torturas baixo o zarismo e sen embargo...


non souberon enfrontarse á realidade da dexeneración do seu partido cando xa tomara o poder, non quixeron tomar distancias cando viron que a súa obra fora esnaquizada dende dentro, non decidiron facer "a revolución dentro da revolución"...


Quedaron atados de pés e mans a unha pantasmal fidelidade que lles impuña a máis terrible das cadeas: traizoarse a eles mesmos e ás súas ideas por manter a supervivencia dun cadavre momificado...


Hoxe, cando en Galicia e en toda España estanse a celebrar procesos congresuais, volve a repetirse o mesmo drama: centos, milleiros de vellos militantes calan a boca e aceptan submisamente imposicións burocráticas que hai uns anos nunca pensarían en asumir.


E non se trata de que "os tempos cambian". Trátase dunha falsa concepción na hai que consentir para non dividir, na que hai que respectar as decisións, por moi erradas que estean, da dirección para non crear problemas, na que hai que renunciar ás ideas e os proxectos porque non se lle pode facer dano ao partido...


Pero a historia se repite unha e outra vez: tarde ou cedo remátase ou por "autoinculparse por disidente" para acadar o perdón, ou por facerse un lavado de cerebro que xustifique as mentiras oficiais...


Aínda que hai outra alternativa: a que seguiron Trotski e a Oposición de Esquerda, a da defensa coherente dos principios e os motivos que os levaron á súa loita, a da batalla pola "revolución dentro da revolución", a da liberdade de crítica porque só dende ela pode un partido seguir sendo fidel a aquilo para o que se constituíu...


¡PORQUE QUEN RENUNCIA Á SÚA LIBERDADE E Á CRÍTICA DAS EIVAS QUE VE NO SEU PARTIDO, ESTÁ AXUDANDO A CONVERTELO NUNHA MOMIA!


E quen pense que é un problema de etiquetas, que olle ben para o seu partido... se é que aínda ten capacidade para ver.

viernes 23 de mayo de 2008

Eduardo Galeano ironiza sobre la

jueves 22 de mayo de 2008

SOBRE A DEMOCRACIA NOS PARTIDOS

Os procesos congresuais volven poñer sobre a mesa a democracia interna dos partidos políticos.




Que xa se saiban por adiantado os nomes da próxima executiva; que na mesma coloquen a xente que mesmamente entrou onte a militar no partido, pero iso si, formando parte do particular círculo de poder do "pontifex maximus"; que a penas haxa tempo para debater as ponencias marco, as enmendas, a crítica á xestión das direccións...





Nun partido no que a participación da súa militancia non pasa de ser máis ca un "paripé", no que nin saben nin se enteran do que realmente están votando, sinxelamente porque nin tiveron tempo para ler e reflexionar sobre os textos propostos...





Nun partido onde a militancia queda reducida a un exército de obreiros para traballar gratis nos períodos electorias, pero sen que se promova o seu activismo social nin moito menos o control crítico ao labor da súa dirección e do goberno...





Nun partido que funciona coma correa de transmisión das ordes dos superiores aos inferiores, pero nunca no sentido contrario, dende a base cara arriba...





Nun partido no que crear correntes de opinión estructuradas en base a programas e propostas alternativas sobre aquilo que se entende MELLORABLE é calificado como pecado mortal divisionista...




NUN PARTIDO ASÍ:





QUE CANLES HAI PARA FACER CHEGAR ATÉ "ARRIBA" AS DEMANDAS SOCIAIS SE NON SE ESCOITA ÁS BASES MILITANTES?





COMO FACER ESCOITAR A VOZ DOS TRABALLADORES, DOS XOVES, DAS MULLERES, DOS ECOLOXISTAS... DO POBO, SE TODO SE COCE DENDE AS "ALTURAS"?





E QUEN FORMA PARTE DESAS "ALTURAS"?





NON SON OS MESMOS OS QUE CONSTITÚEN A "NOMENKLATURA" DO PARTIDO E DO APARELLO ADMINISTRATIVO-GOBERNAMENTAL?





QUE CLAS DE ESQUERDA QUEREMOS?

miércoles 21 de mayo de 2008

El PP fomenta en su campaña la xenofobia.

martes 20 de mayo de 2008

AS LECCIÓNS DE ITALIA.

















O sucedido en Italia debe facernos reflexionar a todos...
A dereita berlusconiana en coalición cos neofascistas vén de derrotar ao chamado centro-esquerda constituíndo un goberno abertamente xenófobo... mais, como puido chegarse a tal debacle?
Hai xa tempo que os partidos da esqueda italianos tomaron o camiño da dereitación progresiva, iso que algúns chaman "a ocupación do espazo do centro".
O vello e potentísimo PCI rematou converténdose nunha caricatura do neoliberalismo de Blair ou do Partido Demócrata Americano. Até tal punto chegou o seu corremento cara á dereita ("o centro") que adoptou o nome ianqui de PD.
O espazo que deixou pola súa esquerda, nun principio ocupado por Refundazione Comunista, rematou sendo dixerido por unha coalición formada polo devandito grupo máis os "Verdi" e outra especie de agrupamento dentro da coalición autodenominada "La Sinistra L´Arcobaleno" (Izquierda Arcoiris) que tiña coma obxectivo declarado arrastrar tras ese magma ideoloxico-político a franxa votante do ex-PCI.
O resultado de tal estratexia é ben coñecida: unha aplastante derrota da "esquerda", é moi salientablemente desta última agrupación: 3,08% na Cámara e 3,21% no Senado.
En canto ao PD de Walter Veltroni, que o diferenciaba do PdL berlusconiano? O diario "El País", no seu editorial do 12-04 claréxanolo:
"en realidad la diferencia entre ambos es menos de programa que de ética política".
E certamente, se lle botamos unha ollada á política do goberno Prodi, veremos que fixo un traballo de "ética política"de dereitas, tanto no eido social (precariedade laboral), como na guerra (apoio á guerra de Afganistán, apoio ás bases americanas no chan italiano...), ou nos dereitos civís (subordinación humillante fronte ao Vaticano), mesmo na moi demandada rexeneración democrática (escándalos de corrupción por doquier e forte penetración da camorra e a mafia...) En fin, que a poboación quedou abertamente decepcionada coa experiencia do goberno de "centro-esquerda". Entón?
Neste contexto e con esta situación, acaso era agardable que puidese triunfar esa "esquerda" que tiña o mesmo programa que a dereita (El País)?
Alguén cre que en política se vence por criterios morais baseados nun xogo de espellos?
Que alternativas, que solucións, que xeitos de resolver os problemas sociais, económicos, político/democráticos... é dicir, o paro, o lixo que agroma nas cidades (o caso extremo de Nápoles baixo o dominio da Camorra) a inmigración... ofrecía Walter Veltroni e o PD que o diferenciase claramente do polo dereitista de Berlusconi e os neofascistas? ¿Unha simple cuestión de "ética" ? en fin, en fin...
O peor de todo é que de tales derrotas xurde unha profunda frustración e un desencanto que pode dar lugar a un fortalecemento da extrema dereita. Por iso, hoxe máis ca nunca cómpre axudar a todos os vellos e novos militantes da esquerda italiana a levantar unha alternativa á dereita, ao fascismo, á mafia, á camorra, ao capitalismo salvaxe e depredador que se fixo o amo de Italia...
Porque a súa sorte, ben podería ser a nosa mañan...
Por iso, aquí tamén o internacionalismo volve a esta á orde do día...

lunes 19 de mayo de 2008

El Dinero del Capitalismo

domingo 18 de mayo de 2008

SON NATURAIS AS CATÁSTROFES?



Os casos do recente terremoto de Sichian-China, do ciclón "Nargis" en Birmania ou do tsunami (algo máis alonxado no tempo) de Indonesia, plantéxanos a cuestión de se as consecuencias destes fenómenos son inevitables ou se son o resultado das condicións de vida dos pobres e desposuídos deste mundo...

Cando un tremor de terra prodúcese en Xapón ou en San Francisco, a penas hai víctimas e os danos materiais son relativamente reducidos...

Cando estes mesmos fenómenos ocorren nos seus veciños paises de Asia e Latinoamérica as cifras de mortos, feridos e danificados horrorízannos a todos.

Cando comparamos os xeitos de edificación e as medidas de seguridade e prevención dos países do primeiro mundo co sistema que se segue nas zonas subdesenvolvidas do planeta...

Cando vemos que na China, por exemplo, no seu afán "desarrollista" constrúense complexos de vivendas, escolas, centros públicos que caen cun simple soplo do vento porque as constructoras (coa complicidade das burocaracias de turno) só buscaron facer diñeiro rápido cos mínimos custos...

Cando miramos para as condicións de sobrexplotación e miseria na que viven eses hirmáns de Birmania, de Sri Lanka, de Sudámerica...

QUE PENSAMOS?

Porque mentres vexamos estes "desastres" cos simples ollos da caridade ou con visión de ONG (por moi meritoria que sexa o seu labor: isto non se discute), ou aínda peor, coa satisfación do fachendoso novo rico a quen isto xa non lle podería pasar (¡¡¡!!!), entón nunca entenderemos...

PORQUE AS CATÁSTROFES, COMO A EXPLOTACIÓN OU A MISERIA HUMANA, SON NATURAIS OU SOCIAIS?

sábado 17 de mayo de 2008

...están matant la Terra

viernes 16 de mayo de 2008

AS LIMITACIÓNS DO ECOLOXISMO

A ministra de medio ambiente brasileira, señora Silva, vén de demitir...












O presidente do Brasil, Lula, cede ante as presións do capital agro-industrial brasileiro e deixa caer a unha das súas ministras (militante do PT e marxista confesa) máis combativas contra a destrución do Amazonas e defensora dos indíxenas...

Esta renuncia da señora Silva, ecoloxista consecuente, significa na práctica unha victoria de todos aqueles que queren converter o bosque amazónico nunha leira particular onde cultivar oleaxinosas e demais sementes para a produción de biocombustibles... amén, claro está, de seguir espallando os pastizais onde se cría o gando vacún que serve para facer esas "inocuas" hamburguesas de Mac Donals e cia.

Lula antepuxo os intereses do capitalismo esnaquizador e salvaxe ás necesidade a medio e longo prazo do pobo brasileiro e da humanidade. Lula e o seu goberno "progresista" caeu de xeonllos ante o deus do enriquecemento depredador.

Mais Lula actúa consecuentemente cunha determinada lóxica: a do produtivismo cego do neoliberalismo, como tamén o fan os nosos gobernantes galegos e españois. Todos moi "progresistas", pero ao final, sempre subordinados aos amos do mundo...

Sabedes que en España no periodo que vai do 1994 a 2006, medrou a emisión de gases de efecto invernadero TRES VECES MÁIS do comprometido no protocolo de Kioto, ou que o consumo de enexía, en ralación co PIB, creceu a un ritmo dobre da media europea, ou que o uso de praguicidas que contaminan a terra e a auga aumentou nun 60%?

Sabedes que a Xunta de Galiza vén de legalizar na práctica a centos de minas ilegais que están a expropiar o chan galego deixando esta terra coma un queixo oco?

Saberá ser consecuente o ecoloxismo e formulr unha crítica a fondo do propio sistema?

Será capaz de entender que é a propia voracidade dun sistema baseado na única lóxica do beneficio por encima de todo a que está a levar a esta terra e a este planeta a ruína?

O CASO DA DEMISIONARIA MINISTRA SILVA PONNOS A TODOS NA TESITURA DE ELIXIR...

jueves 15 de mayo de 2008

s xornais XORNALABERTO. Visi�n cr�tica da realidade diaria que nos ofrecen os distinto

s xornais XORNALABERTO. Visi�n cr�tica da realidade diaria que nos ofrecen os distinto

miércoles 14 de mayo de 2008

E TI CON QUEN ESTÁS?

TEMOS UN PROBLEMA:















- O sector gandeiro galego vai camiño da creba, pois a crise dos prezos do leite os empurra a un peche case seguro.

-No medio desta situación, os productores leiteiros, baixo a batuta do sindicato "Unións Agrarias", móntanlle un follón de mil demos á Industria "Leite Rio" de Lugo, pois estaba traendo leite francesa a baixo custo. Nesas, a Consellería de Medio Rural, comandada por Suarez Canal posiciónase a prol do propietario de Leite Rio.

- Posteriormente, o Sindicato Labrego Galego, únese ás protestas dos gandeiros e comeza a criticar a postura pro-empresarial "galega" da Consellería de Medio Rural, apoiada por Quintana, Jorquera e cia.

-A Executiva dete sindicato non está hoxe por hoxe dominada polo sector "upegallo" do BNG, a quen pertence o señor Suarez Canal e, xa que logo, as críticas á xestión e ás posicións do BNG causan un profundo malestar nese grupo.

-Acto seguido e tal como recolle a prensa, o sector "upegallo"abre unha fronte de batalla e se constitúe como sector "crítico", facendo de correa de transmisión das posicións oficiais da Consellería de Medio Rural.

-O sector maioritario do Sindicato Labrego Galego, contesta rotundamente e non acepta que se lle paguen aos gandeiros "un prezo medio final no leite de 40 céntimos porque estaba imposto polas industrias" e defendido por Suarez Canal...

E agora vén a pregunta:

Cando xurde un enfrontamento entre os especuladores-capitalistas galegos (por exemplo, o señor Vence, de Leite Rio) e os labregos (ou traballadors de calquera outro sector), QUE POSICIÓN DEBE TOMAR UN NACIONALISTA QUE SE CONSIDERE DE ESQUERDA?

Porque cando os intereses entran en conflicto e hai que tomar partido, non chega con mentiras tipo "son especulacións sen fundamento" (Consellería de Medio Rural), ou de "botarlle a culpa de todo a UPG"...

Entón non abonda con falar de "pais", "nazón", "Galiza"...

Entón descubrimos que a suposta "contradición principal" (Galiza-España) agocha outras moitas contradicións non menos "principais" que se subordinan a favor do máis forte, isto é, do empresario-especulador, con nome e apelidos galegos, si, pero tan explotador como o que máis.

Entón, a sensibilidade e a razón de esquerda ten que elixir:

TI CON QUEN ESTÁS?

martes 13 de mayo de 2008

ASÍ FOMOS, ASÍ SOMOS, ASÍ SEREMOS.

Porque ser fideis aos principos non é unha frase feita...


Porque ser de esquerdas é situarse xunto aos traballadores/as, aos asoballados/as, aos marxinados/as...


Porque ser galego/a é estar co pobo galego... cos obreiros e estudiantes, cos labregos e mariñeiros... pero nunca cos propios explotadores, corruptos e chuchones de toda caste, inda que desta terra sexan...


Porque a solidariedade entre os pobos e as xentes baséase na unidade de intereses comúns, na comunidade dun proxecto de liberación...


Porque non haberá cambio mentres non se conte coas mulleres, cos xoves, cos ecoloxistas, cos inmigrantes...

Porque cómpre facer un debate na esquerda sen ataduras nin vasalaxes, con ideas, con argumentos, coa razón da palabra...


¡¡¡POR ISO AQUÍ ESTAMOS, PORQUE ASÍ FOMOS, PORQUE ASÍ SOMOS, PORQUE ASÍ SEREMOS!!!


DENDE TEO, DENDE ESTE CURRUNCHO GALEGO:


¡¡¡ZOEMOS COMO O QUE SOMOS: UNHAS PESADAS E MOI AMOLANTES MOSCAS COJONERAS!!!