Aqueles que xa asumiron a derrota dos seus ideais (se algunha vez tiveron algún alén do propio enriquecemento e do consumo desaforado) bótannos en cara: "soñades despertos"...
Pode ser, pode ser...talvez sexa un soño, unha utopía, unha ilusión... máis que proxecto liberador pode construírse sen ese espírito?
Contestáballe nunha ocasión o xeneral De Gaulle (home nada sospeitoso de esquerdista) a un típico "realista": "A política que non permite soñar está condenada".
Cando un compara a mediocridade, a miseria e a submisión na que caeron todos eses socialdemócratas defensores da explotación capitalista, cando unha olla para esa xestión xustificatoria da violencia institucional dese "Estado social e democrático de dereito" que arroxa ao paro a millóns de persoas mentres permite o enriquecemento sen tasa dos máis poderosos, cando uns e outras comprendemos que a crise se está a cargar sobre as costas dos traballadores, dos desposuídos, dos débiles... entanto os especuladores, os banqueiros, as multinacionais seguen a engordar as súas sacas multimillonarias e por enriba co agasallo dos nosos impostos...
Entón perde o medo a soñar, a combater, a buscar alternativas a tanta depredación e espoliación.
Entón apoia candidaturas como esa nova de IZQUIERDA ANTICAPITALISTA que vén de xurdir para presentarse ás eleccións europeas, candidatura entroncada nas loitas sociais, internacionalista, radical e democrática.
E con asombro vemos que aínda no berce, xa acadou máis de 800 sinaturas de intelectuais, dirixentes sindicais, líderes sociais: dende vellos coñecidos para nós como Manuel Rivas, Rosa Regas ou Jose Luis Sampedro até loitadores de primeira fila como os da Naval de Xixón...
Talvez sexa un soño colectivo que fai que un xornal como Público recolla de xeito sistemático os novos pasos desta formación anticapitalista...
Será por iso que empeza a cundir o nerviosismo entre os PCs (hoxe na descafeinada IU) e algúns PSOEs: non está moi lonxe o exemplo francés, onde Besancenot e a o Novo Partido Anticapitalista pulan con forza das loitas obreiras e sociais e xa acadan un índice de popularidade que xa quixera para sí a "lideresa" gala S. Royal.

Somos marxistas, si, pero non dogmáticos. Abrimos o abano a todos os loitadores e soñadores, si, porque cremos que é o momento de superar as inútiles rencillas e a parálise de tantos anos de derrotas infrinxidas polos capitalistas e os seus representantes.
"DE OMNIBUS DUBITANDUM" (hai que dubidar de todo), afirmaba o "dogmático" Marx... Somos críticos quizais até a esaxeración, pero paga a pena logo de tantos estragos do estalinismo e da socialdemocracia.
Insubmisos, tamén. E novamente cedemos a palabra ao vello xudeo das longas barbas cando contestaba a pregunta de cal era a súa idea da desgraza: " A SUBMISIÓN".
E da felicidade, retrucáronlle: "A LOITA", respondeu.
Si, eu tamén teño un soño:
QUE AS NOSAS VIDAS VALLAN MÁIS CÓS SEUS BENEFICIOS.
6 comentarios:
Yo también, con los de I.A.
Un saúdo para os novos e vellos trotskos.
ÁNIMO!
Amigo/a: déixate de etiquetas, que aquí cabemos todos/as.
O importante, como di a entrada: "Transformar o mundo" (Marx); "mudar a vida" (Rimbaud)
Outra vez Israel asasina impunemente a civís palestinos.
Excusa? Hamas.
Defensa propia?
Só os tontos poden crer tal cousa.
Onde está o principio de proporcionalidade entre o dano recibido e o causado?
Puro terror para submeter todo aceno de revolta.
E os USA e a UE, coa súa sempiterna hipocrisía xustificatoria.
Será posible chegar a debater algún día sen que a vella garda estaliniana utilice os insultos?
E non aprenderon nada de historia...
¡¡¡¡ASASINOS!!!!
QUE O SANGUE DO POBO PALESTINO CAIA SOBRE AS VOSAS VIDAS, MALDITOS IMPERIALISTAS!!!!!!!!!!!!
Publicar un comentario en la entrada