Só que ese derroche de cartos públicos, pagados cos impostos de todos nós, van dirixidos aos bancos, aos especuladores financeiros, ás multinacionais que se estiveron a forrar todos estes anos de bonanza mentres a proporción dos salarios no conxunto da economía baixaba en comparación cos beneficios dos amos do capital...
Hai quen vende a historia de que compre "engrasar" o sistema financeiro para que concedan créditos aos particulares e PEMEs: pero ocultan que tal cousa poderíase facer mellor cos organismos de crédito oficial e nacionalizando a banca.Hai quen conta que hai que darlle subvencións ás multinacionais en crise para evitar o paro: pero nada din sobre os milleiros de millóns de euros que desapareceron sen que ningunha desas empresas salvase un só posto de traballo cando decidiron "deslocalizar".
Hai quen cre que eses cartos os pon ZP, Touriño, Quintana, Montilla, Gallardón, Sarko, Bush, Obama, Durao Barroso... porque tan afeitos estamos a esa linguaxe dos "esforzos" dos gobernos, do "traballo arreo" dos políticos no poder, etc. etc. que chegamos a estar verdadeiramente intoxicados da súa propaganda machuconamente repetida.
Pero as loitas pola defensa do posto de traballo, contra a precariedade laboral, contra as deslocalizacións de empresas na procura de soldos ínfimos... están a mudar a conciencia e a organización dos traballadores.
Utilizando unha frase do vello Marx: están a pasar de ser unha "clase en sí" a ser unha "clase para sí"
PORQUE, MAL QUE LLES PESE A ALGÚNS AGOREIROS, A LOITA DE CLASES NON MORRERÁ MENTRES OS SEUS BENEFICIOS CAPITALISTAS VALLAN MÁIS CÁS NOSAS VIDAS.
6 comentarios:
El niño, si fuera uno de nuestros políticos al uso, debería chupar de la teta y no del chupete.
Pois non che conto eu, mosca, a cantidade de cartos que se van entre "cartas", publicidade institucional, cochiños baratiños deses que usa o Touriño, reformas de despachos presidenciais, e que sei eu cantas minucias máis!
somos potencia!, que dicía aquel.
A nosa xuventude volve marchar para a emigración, case igual que hai cen anos e os nosos gobernos contándonos as mesmas historias tamén que hai un século.De pena.
Ya hay economistas que hablan no sólo de recesión, sino de DEPRESIÓN.
Nos están haciendo tragar la crisis con purgante.
¿Espabilaremos?
Chegan noticias de que esta fin de semana pode constituirse como partido a corrente Izquierda Alternativa...
Otro banco más rescatado por el dinero público. Y van?
Publicar un comentario en la entrada