Mais non todos dicimos o mesmo: eles, os do poder, os amos do diñeiro, os especuladores, explotadores e depredadores da terra, só queren ver un mal temporal propio dos "excesos" dos financeiros e banqueiros.
Nós, pola contra, afirmamos que esta é unha crise xenerada polo sistema capitalista, isto é, froito das súas propias contradicións, da súa irracionalidade como conxunto, da súa propia lei do mecado (esa que tentan facer ver como "natural") do seu principio da ganancia e beneficio por encima de todas e de todos...
E dúas son as grandes alternativas que se presentan para dar unha saída a esta debacle:-a dos servidores do sistema, os seus "expertos" (que veñen demostrando unha e outra vez que son "expertos" da nada), os seus gobernos (liberais ou socialdemócratas), a súa prensa, a súa OTAN...
-e a dos anticapitalistas, revolucionarios, altermundistas, xentes que van a raíz do problema e acusan ao sistema de ser el mesmo o culpable da desfeita, da miseria humana e do caos...
Quen se sitúe na primeira opción, falará de "tranquilizar" á poboación, de "arrimar o hombro", de apretarnos todos o cinturón, de facer sacrificios... e todos eses tópicos cos que nos bombardean a cotío, mentres os seus tiburóns celebran o seu desfalco con grandes enchentas e mellores praceres.
Mais quen aposte pola segunda, ten que pensar nas formas e medios de cambiar de base este mundo (como dicía a vella Internacional), no programa, na estratexia e na táctica para ir artellando problemas con reivindicacións, dialécticas concretas con perspectivas xerais, relacións entre o inmediato e o futuro, próximo e lonxano...
Pero por encima de todo temos que crear unha organización capaz de facer fronte de verdade aos problemas que os traballadores e a humanidade en xeral imos atopar no presente e nos vindeiros tempos. Esa é a tarefa central do momento e do período que se abre:
-CREAR, PULAR, AFORTALAR UN NOVO PARTIDO ANTICAPITALISTA, ABERTO, DEMOCRÁTICO, INTERNACIONALISTA, PARTICIPATIVO, ONDE CAIBAN TODOS AQUELES QUE QUEIRAN E POIDAN XUNTAR O SEU GRAO DE AREA NESTE INXENTE LABOR DE CAMBIAR O MUNDO
UN PARTIDO DO ESTILO DO QUE ESTÁ A CREAR EN FRANCIA A VELLA LCR E O SEU LÍDER BESANCENOT, OU EN PORTUGAL O BLOCO DE ESQUERDA.
UNHA ORGANIZACIÓN ONDA CAIBAN SOCIALISTAS, COMUNISTAS, LIBERTARIOS, SINDICALISTAS NON CORRUPTOS, FEMINISTAS, ECOLOXISTAS... EN FIN TODOS AQUELES QUE ESTÁN PASANDO POLA EXPERIENCIA DE QUE ESTE SISTEMA NON É REFORMABLE, DE QUE ESTA TOLEMIA QUE VAI DO DESPILAFARRO Á MISERIA TEN QUE REMATAR, QUE O TEMPO ACÁBASE E QUE, HOXE MÁIS CA NUNCA, TEMOS QUE ESCOLLER:
SOCIALISMO OU BARBARIE!
PORQUE AS NOSAS VIDAS VALEN MÁIS CÓS SEUS BENEFICIOS!
8 comentarios:
Estou de acordo co que dis "mosca esquerdosa", pero así como no Estado Español hai pequenos nucleos como "Corrente Alterna", "Esquerda Alternativa" e outros polo estilo, aquí en Galiza non hai nada, e o que anda polo BNG ou IU (tipo Inzar) é penoso.
¿Sabes ti dalgunha organización por estas terras como a que propós?
Moito me temo que non, e penso que habería que creala dende o principio, o cal pódese facer, pero ¿como e con quen? Saudos.
Pues como nos despistemos, puede volver el fascismo.
O que saia desta crise non vai depender só das cegas forzas do mercado, senón e sobre todo da resposta que lle saiban dar os traballadores. Por iso estou de acordo coa mosca autora deste comentario cando fala de que a tarefa máis urxente e importante é a construción dunha organización, partido ou como se lle queira chamar de claro carácter anticapitalista. Xuntos podemos.
on se trata de siglas tratase de estructuras sociais. O que ten que cambiar e a mentalidade dos políticos, a política economica ven condicionada por un sistema internacional que, como se esta vendo, si rompe nunha esquina acaba rachando toda a tela. Primeiro deixarse de esquerdas e dereitas, non serve de nada se non van acompañadas de propostas e un bo exemplo e Rosa Diez ¿e esquerda ou e dereita? eu non me atrevo a dicilo; en segundo lugar redefinir os territorios e os recursos, ¿como se poden ter tres aeroportos en galicia? ¿como podemos ter dous portos exteriores? ¿como pode ser que non teñamos tren de cercanias? ¿como, cos nosos montes, non temos parques naturais como os de estados unidos xenerando recursod de oitos tipos? e asi en multitude de cousas. As arengas tipo maio do 68 estan ben pero fai tempo que non serven
Con todo o meu respecto, amigo/a:
Cando se afirma que as "arengas tipo maio do 68" xa non serven, pregúntome: Non serven para quen ou para que?
Porque cando un parte dunha sociedade dividida en clases (cousa distinta é que teñamos que discutir previamente esta cuestión) sempre hai que plantexarse a cal das clases serve tal ou cal proposta, a súa finalidade, quen a manexa, quen dirixe, con que fins...
Talvez sexa esta a diferenza de base entre nós.Saúdos.
ese e o problema , seguimos analizando a sociedade cos mesmos parametros "loita de clases! pero o malo e que os da clase media alta son en moitos casos políticos e xa non digo a nivel estado ou autonomia , moitos dos politicos locales non son precisamente sindicalistas con soldos axustados ¿son eses os que teñen que defender as clases mais desfavorecidas? ¿os que se poñen soldos de 38000 euros e cobran por asistir a unha comsion que o mellor non dura mais de media hora? ¿eses que teñen soldos de funcionarios? ¿daste conta que a nivel local os politcos non son albañiles nin fontaneiros nin parados, que son profesores de instituto ou universidade, medicos, promotores, e incluso empresarios? falo por suposto dos cabeza de lista que teñen despois a corte de esforzados que intentan pasar por traballadores. As arengas do 68 non serven por que as que as defendian estan subidos no coche oficial e so que non vivira o suficiente pode non entender esto.
Si, home, si, segue co mesmo discursiño de sempre, pase o que pase, sempre o mesmo. Intercambiable por outro idéntico de hai trinta anos, qué máis dá. Mudan as sociedades, mudan as mentalidades, pero o discurso supostamente alternativo segue idéntico a si mesmo, clónico, repetitivo, cómodo, preguiceiro. Tranquilizador das "boas" conciencias, pero inútil na práctica. Os que sofren verdadeiramente as consecuencias da crise nin fan caso a un discursiño ultraideoloxista que lles parece, con razón, alleo. Nin ese socialismo rancio que predicas, nin tampouco a barbarie. Hai que buscar outras vías novas e orixinais, non o mesmo rollo de sempre que só vale para dicir: -jo, que esquerdoso son. E para nada máis.
é incrible como a xente chega a apoiar medidas que van directamente contra os seus bolsillos e a súa dignidade.
Publicar un comentario en la entrada