Milleiros de millóns saen das arcas públicas, é dicir, dos aforros dos contribuíntes para evitar o afundimento do "sistema".
Contan os Sarkozi, Bush, Solbes, Barroso e demais gardiáns do "libre mercado" que o problema vén da "avaricia", da "corrupción", "da falla de vixilancia", da "especulación desnortada", en fin da carencia dunha "ética" propia do capitalismo...
Solucións? Para todos estes gurús, o camiño consiste na volta á moral puritana dos comezos, a aquel soño do empresario sacrificado, aforrador, austero... que investía todo o que gañaba porque "sabía" que a súa riqueza na terra ía ser un trasunto do seu recoñecemento no ceo.
Pero as cousa non foron así e o "sistema" desembocou nunha guerra sen cuartel pola gañancia sen tasa, pola explotación sen límites, pola depredación dos recursos alén de toda racionalidade...Mais podemos e debemos tomarlle a palabra a todos estes defensores do capitalismo. Propoñámoslles:
-Que aproben leis para a eliminación do secreto bancario.
-Que controlen os movementos de capitais e obriguen a poñer encima da mesa as inxentes gañancias da especulación, e moi especialmente dos fondos de investimento.
-Que se lexisle a prol do control obreiro sobre todas esas multinacionais que se enriqueceron a costa do suor dos traballadores e agora fan despedimentos e "regulamentacións de emprego" cargándolles o peso da crise nas súas costas.
-Que en troques de nacionalizar as perdas para logo privatizar as gañancias, se faga un auténtico plan de nacionalizacións de todos aqueles sectores estratéxicos da economía que permitan enfrontar a crise coas armas axeitadas, cos medios precisos, coa lei do beneficio social e a racionalidade ecolóxica...
En fin, hai dúas políticas, dúas alternativas:
- A DOS TRABALLADORES, A DOS SOCIALISTAS REVOLUCIONARIOS, A DOS ANTICAPITALISTAS QUE ENTENDEMOS QUE O PROBLEMA ESTÁ NA MESMA RAÍZ DESTE SISTEMA INHUMANO E DEPREDADOR
-E A DOS QUE QUEREN CONSERVALO POR ENCIMA DE TODO, CON FALSAS DICOTOMÍAS DE "BOS E MALOS" BANQUEIROS, FINANCEIROS, EMPRESARIOS, ESPECULADORES...
Se realmente quixeran un "capitalismo ético" tomarían medidas como as antes enunciadas, mais...
Pensades que o van facer? Evidentemente NON, porque para eles:
Os seus beneficios valen máis cás nosas vidas!
Por iso, hoxe coma onte, cos revolucionarios de agora como o francés Besancenot, ou como coa histórica Rosa Luxemburgo dicimos:
SOCIALISMO OU BARBARIE!
5 comentarios:
Ogallá en España xurda un proxecto de Partido Anticapitalista como o que está a impulsar en Francia Besancenot e a LCR.
Polo demais, de acordo coa entrada, mosca esquerdosa.
O lema concreto que usa a LCR francesa non é coma ti o pos, moscqaesquerdosa, senón que é así:
"NOS VIES VALENT PLUS QUE LEURS PROFITS". Saúdos.
Aquí, ao lado, en Portugal, temos un modelo de referencia moi válido para os galegos: falamos do BLOCO DE ESQUERDAS, coherente, internacionalista e anticapitalista, con forte representación institucional e social.
...Y VIVA EL SOCIALISMO Y LA LIBERTAD...
Sabedes que o Banco de Santander, segundo declaracións do Sr. Botín, prevé gañar este ano un 10% máis, ou sexa, uns 10.000 millóns de euros de nada...?
Publicar un comentario en la entrada