
O motivo é tan ridículo como hipócrita: se Georgia entra na Otan e Rusia ataca a este pais, entón hai que ir á guerra contra Rusia. Non importa se a culpa é de Georgia (¿quen empezou o actual conflicto senón esta "república pro-occidental"?), ou se as leis do dereito internacional en Kosovo ou en Osetia ían ser diferentes... Non, tampouco importa que os USA invadan Irak sen permiso e contra as resolucións da ONU, nin Afganistán, nin que estean a intervir a través da CIA en Bolivia (nunha estratexia moi parecida a utilizada no seu día contra Allende en Chile), nin sigan co bloqueo contra Cuba, nin presionen de xeito cada vez máis agresivo a Venezuela ou Irán...
O movemento pacifista, os/as ecoloxistas, os/as xoves, os/as feministas, os/as traballadores/as... a humanidade que aínda non caeu nas gadoupas do derrotismo e o conformismo criminal ten que pararlle os pés a esta maquinaria político-militarista que domina hoxe ao capitalismo e ao imperialismo USA.
Non podemos pensar que isto non pode pasar, que é todo un xogo de ameazas e palabrería. A historia amósanos (ollade para o caso de Hitler e o ascenso do nazismo ata a II Guerra Mundial) que o monstro está sempre preparado para desenvolver as súas terribles consecuencias en canto os medios "pacíficos" (na práctica: a guerra de baixa intensidade) se desbotan.
Hai unha tarta moi suculenta no gas e no petróleo na zona. Hai unha crise enerxética galopante. Hai todo un combate polo dominio das materias primas fundamentais para que a economía e o mundo funcione... e nese combate calquera medio poderá ser empregado se preciso for.
Por iso, hoxe, máis ca nunca, toda a esquerda, pero moi salientablemente a ESQUERDA REVOLUCIONARIA OU ALTERNATIVA debe unir as súas voces a Chaves, Evo e tantos outros é berrar moi forte ata que resoen as paredes do Capitolio e do Pentágono:
IANQUIS GO HOME!
NON A GUERRA!
SOCIALISMO OU BARBARIE!
5 comentarios:
menos mal que aún hay gente que habla de auténtica política y no de basura con ropaje político
O que lle están a facer a Evo Morales e ao pobo boliviano non ten nome. Hai pouco aínda gañaba un referendum democrático e nin con esas. Está claro que aos ianquis só lles valen serventes que lle profesen vasalaxe.
¡SOLIDARIDAD CON BOLIVIA Y VENEZUELA!
¡IANQUIS GO HOME!
E que me dicides desta creba neoliberal con toda a socialdemocracia (ver caso Solbes) indo ao rescate das inmobiliarias?
3.000 millón de euros: un pequno agasallo do noso goberno para sandar as feridas multimillonarias dos seus beneficios.
A pesar de su finalidad manipuladora, vale la pena leer la entrevista a Olivier Besancenot en el diario Público (Publico.es)
Aún hai esperanza...
Publicar un comentario en la entrada