sábado 20 de septiembre de 2008

DÚAS ALTERNATIVAS FRONTE A CRISE

MILLEIROS DE MILLÓNS DE EUROS E DÓLARES PAGADOS POR TODOS OS CIDADÁNS SAEN AO RESCATE DOS ESPECULADORES, DAS MULTINACIONAIS DAS FINANZAS, DOS SEGUROS, DAS BOLSAS, DOS QUE FIXERON FORTUNAS INCRIBLES Á CONTA DE ENGANOS, TRAMPAS, ESTAFAS...

As arcas dos Estados son baleiradas neste desfalco legal: en España, sen ir máis lonxe, o ministro Solbes vén de entregar tres mil millóns de euros ás sociedades inmobiliarias que se fixeran de ouro especulando e que agora se atopan sen poder materializar as súas ganancias. Tres mil millóns que se suman a outras moitas axudas e subvencions fiscais para que "o sistema" funcione. Segue pois a mesma senda que os grandes paises capitalistas coma UK ou USA, gobernados no primeiro caso polos laboristas e no segundo polos conservadores republicanos.
Nas épocas de crise a esquerda sempre formulou reivindicacións a prol dunha saída favorable para a clase traballadora: escala móbil de salarios, control obreiro sobre as empresas, nacionalización da banca (de toda a banca!) e dos seguros... en fin, medidas dirixidas a facer pagar o custo da desfeita a quen a provocou.
Pero chegou a socialdemocracia alemana (alá polo 1958) e declarouse partidaria e defensora do capitalismo. Entón, como podía enfrontar dende estes postulados as crises cada vez máis amplas e profundas deste sistema de competencia desenfrenada polo único obxectivo validado, isto é, o máximo beneficio? E o resto dos chamados partidos socialistas quedaron desnortados...
Chamaron aos sindicatos (previamente "untados" como deus manda) na súa axuda e tivérona, claro. Logo, utilizaron as solucións da economía keinesiana para activar artificialmente a demanda, inda que fose a conta dunha inflación disparada. Máis tarde foron directamente aos aforros do Estado e meteron a man no seu peto agasallando aos amos do diñeiro... e se todo isto fallaba, entón, "caña ao mono", pao aos currantes, "Estado forte", represión, campañas masivas de intoxicación contra inimigos "internos" (os malvados comunistas) ou externos ("o eixe do mal", os terroristas...)
Mais non toda a esquerda capitulou. Certamente sufrimos moitas derrotas, crebáronse ilusións, perdimos innumerables batallas... pero non lograron eliminarnos, o xerme permaneceu, o espírito de rebeldía continuou e hoxe, en paises como Francia agroma con forza un Novo Partido Anticapitalista -NPA-, masivo, democrático, defensor a ultranza dos desposuídos, asoballados e traballadores. No mesmo núcleo da Europa a xente organízase e entende que hai que loitar, que a pasividade non é o camiño para resolver os seus problemas, que este sistema depredador ten que rematar, que outro mundo é posible...
En Hispanoamérica tamén buscan solucións propias. Os ianquis despregan a súa CIA, os seus medios de comunicación, fan manobras militares intimidatorias... pero non poden parar o movemento de liberación.
En Galicia e en España temos que buscar tamén alternativas. Hai vimbios cos que facer este cesto, hai xente que non está disposta a tragar máis, que quere organizarse e loitar, que sabe que a solución da crise non pasa por dar novos "créditos de confianza" a gobernos que saen na defensa e salvagarda do sistema.
DÚAS ALTERNATIVAS, HOXE COMA ONTE: OU ESQUERDA ALTERNATIVA E TRANSFORMADORA, OU ESQUERDA SUBMISA.
QUE CADAQUÉN TIRE AS LECIÓNS DO QUE ESTÁ A PASAR.
Para nós, a opción é clara:
SOCIALISMO OU BARBARIE!

9 comentarios:

Anónimo dijo...

¡VIVA EL SOCIALISMO Y LA LIBERTAD!

Anónimo dijo...

Pois en Galiza segue empregándose o diñeiro público en facer máis vivenda, nova construcción, só que agora é de protección "oficial", ou sexa, pagada por todos nós.
Onde se vai meter tanto piso de antes e de agora?
Todo con tal de aparecer como que a crise está aquí controlada e non hai paro.
Mais por moito que a mona se vista de seda, mona se queda, nonsí?

Anónimo dijo...

Ao día seguinte da compra polo Estado das hiptecas-lixo e demais subproductos deste capitalismo fincnceiro, os especuladores volven facer ganancias multimillonarias na bolsa...
Mentres, o paro e inflación non dan respiro aos traballadores.

Anónimo dijo...

¡LA PROPIA PATRONAL ESPAÑOLA CLAMANDO POR UN "PARÉNTISIS" EN LA DESENFRENADA CARRERA NEOLIBERAL PARA QUE SEA EL ESTADO QUIEN ASUMA LA SITUACIÓN ECONÓMICA!

Y DESPUÉS DICEN QUE LA ECONOMIA PLANIFICADA Y EL SOCIALISMO HAN MUERTO...

Anónimo dijo...

Fai moitos anos que un home que eu considero foi sabio explicoume que a técnica estaba xa preparada para fabricar calquera máquina de modo que nunca se averiase; dende un automobil ata unha lavadora. Só había un problema, ¿que se ía facer cos miles de traballadores das fábricas se cada persoa comprase un só automobil durante toda a súa vida? Así que todas as máquinas por decisión do país máis capitañosta do mundo, haberían de levar algún defecto para que de cando en vez houbese que levalo a reparar, para que tivese unha vida aproximada de equis anos. A disculpa era protexer o traballo da man de obra. O meu pensamento e tamén o teu mosca esquerdosa é que a idea era que os pais do rapas gañase cada día máis cartos, e agora está a pasar o mesmo+ Boas noites e noraboa pola túa clarísima exposición. Ou socialismo ou barbarie!

Anónimo dijo...

Fai moitos anos que un home que eu considero foi sabio, explicoume que a técnica estaba xa preparada para fabricar calquera máquina de modo que nunca se averiase; dende un automobil ata unha lavadora. Só había un problema, ¿que se ía facer cos miles de traballadores das fábricas se cada persoa comprase un só automobil durante toda a súa vida? Así que todas as máquinas por decisión do país máis capitalista do mundo, haberían de levar algún defecto para que de cando en vez houbese que levalo a reparar, perseguendo así que tivese unha vida aproximada de equis anos. A disculpa era protexer o traballo da man de obra. O meu pensamento e tamén o teu mosca esquerdosa, é que a idea era que os pais da criatura gañasen cada día máis cartos, e agora está a pasar o mesmo+ Boas noites e noraboa pola túa clarísima exposición. Ou socialismo ou barbarie!

Anónimo dijo...

Gracias, amigo/a.

Anónimo dijo...

Así que agora Bush chama aos demais paises imperialistas a seguir o seu exemplo e meter masivamente a man no peto dos contribuintes. si señor, a isto se lle chama "solidariedade capitalista", así que a ver se espabilamos e volvemos a vella consigna de:
PROLETARIOS DE TODOS OS PAISES, UNÍDEVOS!

Anónimo dijo...

Mirad en el diario "El Pais" las declaraciones del presidente del Banco de Santander, Sr. Botin, en que manifiesta que su banco prevé ganar este año un 10% más, o sea, la friolera de 10.000 milones de euros de beneficio...